Lugo, 28 de marzo de 2021. A Deputación de Lugo promoveu a implicación do alumnado do colexio público Lois Tobío de Viveiro nas actividades do programa Life In Common Land, unha iniciativa financiada con fondos europeos que lidera a institución provincial coa colaboración das universidades de Santiago de da Coruña e que ten como obxectivo a conservación dos hábitats e o aproveitamento sostible da riqueza ambiental da Serra do Xistral. Técnicos do plan ofreceron obradoiros e actividades no CEIP para trasladar aos nenos e nenas a importancia de manter e coidar este espazo protexido de alto valor ambiental.
Os técnicos da Universidade de Santiago de Compostela que traballan no Life impartiron aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do centro viveirense varias actividades co obxectivo de ensinar a importancia da conservación dos hábitats naturais na Serra do Xistral.
Os encargados da organización das actividades prepararon un kit de merchandising do proxecto para entregar aos nenos e nenas que participaron nas actividades. A cada alumno e alumna entregóuselle un caderno e un bolígrafo, unha mochila, prismáticos, unha cunca e unha lanterna.
Dende a organización do proxecto está previsto que, a medida que mellore a situación sanitaria actual, se poida levar este formato de actividades interactivas e didácticas a máis centros educativos da provincia. A utilidade destes obradoiros é poñer en valor e dar a coñecer aos máis pequenos os labores que se levan a cabo no marco proxecto Life In Common Land dun xeito entretido e dinámico.
Life in Common Land é un proxecto que lidera a Deputación de Lugo e que conta coa participación da a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Rede Natura 2000. O programa xurde co propósito de mellorar e traballar nas ameazas que afectan aos hábitats do Xistral como son as alteracións na composición do paisaxe, a degradación dos hábitats pola actividade humana ou o cambio climático.
O proxecto trata de conservar e xestionar os hábitats que forman parte da Serra do Xistral e construír espazos de colaboración orientados ao desenvolvemento medioambiental e socioeconómico da zona montañosa norte da provincia de Lugo.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



