Ribeira (A Coruña), 26 de marzo de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou hoxe a transcendencia de contar cun sector pesqueiro responsable que aposte por unha actividade sustentable e respectuosa co medio ambiente e ao mesmo tempo cunha diferenciación das súas capturas que permita aos consumidores elixilos sendo conscientes de que, ao tempo que os mercan, están a coidar a súa contorna. Iso é o que permite a ecoetiqueta Pescaenverde que, baixo o paraugas da marca pescadeRías, acredita a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético da frota artesanal e que hoxe recibiron as confrarías de pescadores de Vilaxoán, Cabo de Cruz, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Cedeira e Ferrol.
Estas entidades xa estaban certificadas polo selo pescadeRías, de onde senón? e agora poderán incorporar a marca Pescaenverde nas súas etiquetas para acreditar esa actividade pesqueira respectuosa co medio ambiente. Con elas, son xa 33 as confrarías de pescadores de Galicia que contan con este distintivo para darlle valor aos seus produtos facendo ver aos compradores que son capturados cunha baixa pegada de carbono e de xeito eficiente enerxeticamente.
A titular de Mar salientou que esta ecoetiqueta permite a Galicia “presumir de produtos, de sector e de bo facer” posto que contribúe a engadir valor aos peixes e mariscos comercializados -ao diferencialos como procedentes dunha actividade máis sustentable e eficiente-. Ademais facilita a avaliación dos custes de explotación do sector e a transmisión dos resultados obtidos a toda a cadea de venda, engadiu.
A representante da Xunta explicou que este selo axuda a que o consumidor identifique os produtos con mellores indicadores ambientais para unha toma de decisións máis sostible así como a loita contra os fraudes na etiquetaxe xerando maiores garantías. “A experiencia de compra é así máis responsable. Nótase na cesta, na mesa e tamén na conciencia ambiental”, afirmou Rosa Quintana.
A titular de Mar incidiu en que a etiqueta Pescaenverde aporta máis información sobre o impacto ambiental, a confianza que dá unha certificación amparada por unha institución académica de recoñecido prestixio como é a Universidade de Santiago de Compostela e a evidencia de que as especies comercializadas baixo a marca pescadeRías están nos límites aceptables da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxético.
Por iso, animou ao sector pesqueiro galego a seguir nesta liña de traballo, difundindo os seus produtos baixo o paraugas de garantías ambientais, de calidade e sustentabilidade, para que o conxunto da frota poida mellorar os seus resultados e a súa rendibilidade.
O selo Pescaenverde
Esta ecoetiqueta ten o respaldo científico do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela, que deseñou un software para promover o cálculo da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxética adaptada ás características do sector pesqueiro. No ano 2013 a Oficina Española de Patentes e Marcas expediu o título de rexistro da marca Pescaenverde.
Trátase dun selo que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medio ambiente ao mesmo tempo que outorga un valor engadido aos produtos que incorporan a marca, impulsando a venda nun mercado cada vez máis competitivo e no que moitos compradores buscan produtos respectuosos co medio.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



