Foz, 24 de marzo de 2021. En Radio Foz celebráronse esta mañá os sorteos do Día do Pai e das Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz.
No sorteo do Día do Pai 20 persoas recibirán vales de compra por importe de 50 euros, cada un, para consumir ao longo das vindeiras semanas no comercio asociado a AciaFozCCA. Os números afortunados e os locais nos que se repartiron foron os seguintes: 20519 en Kukadas, 17380 en Amarena, 15566 en Din y Don, 13662 en Tien 21, 20667 en Amarena, 20352 en Amarena, 17863 en Decoraciones Pura, 19880 en Xoyma, 18130 en Nº1, 15128 en Casa Moreda, 19422 en Panificadora Eo, 18206 en Ginzo Hombre-Mujer, 15683 en Fauna, 15311 en Lencería Esther, 15421 en Unique 2, 13115 en Carmen León, 21749 en Suministros Veipa, 19388 en Panificadora Eo, 16134 en Ofifoz y 20183 en Amarena.
Desde AciaFozCCA indican que “as persoas que teñan as papeletas afortunadas o que teñen que facer é dirixirse á nosa oficina para presentalas e recoller os seus agasallos, que son vales de compra para gastar no comercio asociado. En total destinamos a esta campaña 1.000 euros neses vales de compra, que son para estes afortunados que fixeron as súas compras do Día do Pai nos negocios locais asociados a AciaFozCCA”. A campaña, organizada por AciaFozCCA coa colaboración do Concello e da Xunta, desenvolveuse entre o 5 e o 19 de marzo.
Tamén tivo lugar esta mañá en Radio Foz o sorteo de 10 vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local, que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada ponte festiva estiveron dedicadas ao arroz. Os gañadores deses vales son: Jorge Méndez, Mª del Mar Barcia, Deli Val, Ramón Mecía, Carballo, Luján Recalde, Marisa López, Verónica Prendes, Fátima Ramal e Karina Baptistella.
As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. Un total de 42 establecementos hostaleiros se darán cita neste evento que do 26 ao 28 de marzo terá como protagonista das propostas culinarias á faba de Lourenzá. En xogo haberá outros 500 euros en premios.
Aos sorteos celebrados hoxe asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Tardeos
En marcha está tamén a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan oito locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.
José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA, explica que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo antes de retornar ás casas ás dez da noite. Antes saiamos tomar unha copa, un cóctel, despois de cear. De momento iso aínda non é posible, pero non temos por qué deixar de facelo polas tardes na fin de semana ou agora durante a Semana Santa, por exemplo”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



