Burela, 12 de marzo, 2021. O Pescados Rubén Burela FS mereceu máis esta tarde na visita de Osasuna Magna (0-1), nunha cita na que houbo unha parte para cada equipo. Os laranxas, que na primeira parte pecaron de non ser un pouco máis agresivos fronte a un rival que moveu ben sen balón, souberon como recuperarse dando un paso adiante tras o descanso e conseguindo embotellar aos navarros na recta final, aínda que sen botín no marcador.
Viviu Vista Alegre a estrea de Sito Rivera no banco laranxa con alternativas no xogo, con moita igualdade sobre a pista. Fronte á incisiva ofensiva do Magna, con maior presenza e dominio na primeira parte, Pescados Rubén Burela respondeu saíndo ben á contra. A iniciativa local non puido chegar no 8, na máis perigosa ata o momento, cunha tentativa de David Pazos con Quintela que salvou Wanderson in extremis. Pouco despois Álex Diz tamén estivo a piques de sorprender a Asier. Nun partido de moita mobilidade, tras o gran perigo de Mancuso e Tony sobre o minuto 14, os laranxas dispuxeron de dúas de ouro para poñerse por diante, con Asier como muro, primeiro ante Pazos, de disparo cruzado, e acto seguido ante o mísil de Renato. Perdoaron os mariñáns e a tan só 4 segundos chegou o mazazo co 0-1 de Juninho pola escuadra.
Quixo reeditar o seu gran inicio Magna tras o descanso, pero os laranxas souberon dar un paso adiante. O pé de Asier evitou o empate o potente disparo de lonxe de Renato. Tan só un minuto despois, no 23, o meta verde volveu ser providencial para salvar aos visitantes, fronte a David Pazos. Pelexaron os de Sito Rivera polo gol, cunha recta final de moitos méritos. Mata, en consonancia con Iago, e Álex Diz puxeron o perigo no 36. Asier volveu impoñerse pouco despois fronte ao 5 mariñán. A falta de dous minutos para a bucina final, Mata saltou ao parqué para liderar o xogo de cinco. Renato dispuxo do maior perigo, aínda que o merecido empate non puido subir ao luminoso.
Martes 16, Santa Coloma
O Pescados Rubén Burela xa volverá aos adestramentos o domingo para poñer rumbo ese mesmo día ao destino da xornada 24, a pista de Industrias Santa Coloma. A cita do martes, ás 21.00 horas, abrirá unha semana de dobre esixencia, coa visita a Vista Alegre de Levante o sábado (18.30 horas).
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Renato, Giasson; cinco inicial; tamén xogaron David Pazos, Quintela, Álex Diz, Javi Rodríguez, Pitero
CA Osasuna Magna: Asier, Tony, D. Zurdo, R. Martil, Linhares, cinco inicial; tamén xogaron Mancuso, César, Wanderson, Bynho, Juninho, Fabinho
Goles: 0-1, minuto 20, Juninho
Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Burela amarela para Pitero (minuto 16), Renato (minuto 22). Por Magna amarela para Wanderson (minuto 22), Juninho (minuto 36).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Primeira División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



