Lugo, 22 de marzo de 2021. A medida que avanza o mandato queda máis claramente de manifesto o obscurantismo e os modos caciquís cos que proceden o presidente da Deputación, o socialista José Tomé, e o seu equipo de goberno. O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia “un novo capitulo de opacidade e escurantismo caciquil do señor Tomé”. Di que “é absolutamente inaceptable que dende o goberno provincial se poñan trabas á labor da oposición que pretende facer o Partido Popular, para fiscalizar e controlar o traballo do goberno”.
O portavoz popular explica: “Referímonos a dúas contestacións que nos deron a semana pasada dende o goberno provincial, que serían absolutamente cómicas, senón fora porque rozan o disparate político”. Castiñeira indica que nunha das respostas “denéganos o noso dereito, que tamén é obrigación, de coñecer o estado das instalacións provinciais; en concreto rexeitan o permiso solicitado para visitar a nave que foi de Manuel mallo en Begonte; é algo que pedimos reiteradas veces, porque está abandonada por socialistas e nacionalistas, que argumentan a súa negativa recoñecendo non saber o estado no que se atopa a nave e dicindo que, polo tanto, tampouco o pode saber a oposición”.
Castiñeira declara: “Esta mesma semana denégannos a posibilidade de coñecer onde estivo a maquinaria do Parque Móbil Provincial e o persoal de Vías e Obras nestes dous primeiros anos de goberno bipartito, e canto tempo investiron en cada traballo e, por extensión, en cada concello. O argumento que utilizan neste caso aínda é máis marxista que o anterior, e dicimos marxista por ser máis propio dos Hermanos Marx que dun goberno responsable dunha institución tan importante. A escusa para non darnos ese dato, que sería moi relevante para demostrar que non hai un reparto equitativo é que non levan o control dende o Parque Móbil”.
Para os populares, “é absolutamente inaceptable que a Deputación responda con evasivas tan ridículas, moi graves posto que se recoñece un descontrol dos traballos que fai o persoal e maquinaria provincial, que supoñen centos de miles de euros ao mes, simplemente por non asumir que Vías e Obras traballa baixo criterios políticos e non de necesidade”.
Castiñeira di que “Tomé mentiu na súa investidura, cando prometeu transparencia e mellorar a imaxe con respecto ao mandato de Darío Campos; ao contrario está pasando as súas peores horas como presidente da Deputación”. Sinala: “Goberna cun estilo absolutamente arcaico e pouco transparente, cun labor pésimo como delegado de Vías e Obras, recoñecendo descontrol, falta de previsión, abandono e unha subxectividade nas decisións que roza o surrealismo”.
Castiñeira lanza un aviso moi claro: “Non imos cesar, señor Tomé, no noso labor de oposición, porque os lucenses queren saber como desgoberna e como selecciona discriminatoriamente por cores políticos aos concellos; o PP é unha oposición que non admite respostas de escola infantil e que vai demostrar como vostede ten abandonados á metade de lucenses que decidiron maioritariamente que os gobernase un alcalde popular”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



