Ribadeo, 4 de marzo de 2021. Palma Repalma é o programa do que gozarán todos os domingos do mes de marzo en Ribadeo as nenas e os nenos de ata tres anos. O día 7 Baobab Teatro estará no auditorio municipal con Ris Ras. Dentro do Apego a Concellaría de Cultura programa tamén propostas activas para as familias, segundo anunciou Pilar Otero Cabarcos.
A edil ribadense dixo que “hai uns días adiantamos a nosa programación cultural ata xuño, tamén a de público infantil. E hoxe seguimos centrándonos nas propostas específicas para bebés. Primeiramente queremos anunciar que volvemos ter as caixas de benvida que tanto éxito tiveran. Este agasallo do Apego quere potenciar que as persoas adultas, e a súa familia máis próxima en particular, lle falen o galego ás súas crianzas. A caixa contén entre outros elementos un dudú -o polbiño PO- , e un álbum de fotografías. Todas as familias teñen dereito a elas mentres non se esgoten. A campaña está dirixida ao embarazo e ata despois de 6 meses do nacemento do bebé. As familias interesadas teñen que chamar ao teléfono de Cultura do Concello para pediren cita previa e alí terán unha entrevista e unha pequena charla arredor do que significa o proxecto Apego”.
Pilar Otero subliñou que “a maiores, a novidade deste ano é que imos concentrar nun ciclo as artes escénicas específicas para nenas e nenos de ata 3 anos. É o programa Palma Repalma, que ocupará todos os domingos do mes de marzo ás 17.30 no auditorio. Trátase de espectáculos de música, teatro ou arrolos para os máis pequenos da casa. O primeiro deles terá lugar este mesmo domingo, 7 de marzo, e dános a posibilidade de ver unha das compañías de máis éxito, Baobab Teatro, coa súa obra Ris Ras. Está destinada para nenas e nenos de 1 ano en adiante. Ademais pasarán tamén polo auditorio Raquel Queizás, Caramuxo Teatro e Rilo & Penadique”.
A concelleira de Cultura engadiu que “por último, no Apego en Ribadeo queremos incluír propostas activas, onde as familias non sexan simples espectadoras. Fixéranse xornadas de matronatación, sesións de arrolos con Ugia Pedreira e desta vez programamos dous obradoiros arredor do xogo heurístico a cargo de María Novo. Remato lembrando que terán información puntual a través da páxina do Facebook de Cultura Ribadeo e dunha listaxe de correo para a que haberá que dar o enderezo”.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



