Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.
O informe emitido polo Concello de Barreiros conclúe que “é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, non se considera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis. Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo.”
No escrito presentado, que recolle o sentir unánime da corporación barreirense, exponse que “o feito de que o proxecto tomado como base veña temporalmente de anos atrás, supón que as modificacións sociais ou colectivas que se puideron producir – que sen dúbida se produciron e máis se cabe nun municipio coma Barreiros, que foi obxecto dunha transformación de modelo socioeconómico con evidentes consecuencias- non se teñan referenciadas ou tidas en conta en dito plantexamento. De feito, con posterioridade a ditas datas, sobre a zona de Altar e o seu sistema dunar, téñense deseñado plans medioambientais de protección –por exemplo no caso da píllara das dunas- que non se contemplan inicialmente no proxecto presentado.
É por isto, polo que o período de información oficial e exposición pública foi notablemente convulso, pois a perspectiva que recolle o proxecto non se adecúa ás expectativas ou preocupacións sociais actuais.”
A alcaldesa agradeceu a receptividade amosada ás apreciacións presentadas tanto pola subdelegada do Goberno coma polo xefe do servizo provincial de Costas e valorou “o diálogo aberto e a disposición a adoptar a mellor decisión posible nunha problemática tan complexa como é a regresión da costa e as súas consecuencias a todos os niveis.”






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



