Ribadeo, a 13 de abril de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, agradece a participación de practicamente toda a parroquia de Arante no cribado que realizou o Sergas este luns no pavillón municipal de Ribadeo onde os profesionais sanitarios realizaron 130 probas PCR aos veciños e veciñas. Coñecidos os resultados, Vega destaca que “non hai ningún novo positivo” entre os participantes no cribado.
Trala realización das probas, convida a “continuar cumprindo a normativa sanitaria porque é moi importante para seguir garantindo que Ribadeo sexa un espazo de seguridade sanitaria”.
Agradecementos
Vega agradece “aos profesionais sanitarios do Sergas polo seu traballo; así coma á xerente do hospital da Mariña; ao delegado territorial da Xunta, á xefa territorial de Sanidade”.
Tamén ten palabras de agradecemento para as asociacións de veciños de Arante, Remourelle, Bestilleiros, Vilamariz e A Ponte pola súa colaboración porque “o seu traballo facilitou un alto nivel de participación”. Nese sentido, Daniel Vega cre que “toda a parroquia foi un exemplo”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.


