Lugo, 24 de abril de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou o contrato coa empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. para a execución das obras de mellora da estrada provincial LU-P-0210, que une A Seara, en Alfoz, e San Acisclo, en Foz. Tomé Roca explica que a institución provincial investirá máis de 110.500€ nestas obras, 98.500€ na execución e 12.190€ na expropiación dos terreos.
Os traballos, que se levarán a cabo entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistirán na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas. O Presidente subliñou que con estas actuacións “resolvemos un problema de seguridade, pois actualmente a vía é moi estreita neste treito e está deteriorada, dificultando a condución”. Neste eido, José Tomé explicou que se verán beneficiados numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa”. As actuacións completan a renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.
Está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, e o prazo de execución é de 6 meses.
A mellora da rede viaria, unha prioridade
José Tomé destacou que, dende o principio do mandato, “marcamos como prioridade a mellora da rede viaria provincial porque cremos que a mobilidade contribúe de forma moi importante ao equilibrio territorial e á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Creo que dende o Goberno estamos respondendo a ese compromiso con feitos e con obras como as que estamos acometendo”, subliñou.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



