Santiago de Compostela, 7 de Abril, 2021. Os deputados do BNG, María Albert e Xosé Luís Rivas alertaron do “efecto chamada” tras o anuncio da moratoria que está a preparar a Xunta de Galiza sobre o eucalipto.
Albert afirmou que a Xunta non conta cun modelo para o rural galego máis alá das directrices que marcan as propias empresas e resígnase a un liderado marcado dende as cidades.
Para a parlamentaria, a consellería de Medio Rural reacciona a “golpes de efecto de prensa” pero sen medidas con incidencia real. Este anuncio de moratoria, dixo, implica “inseguridade xurídica” sobre a xestión das masas forestais por parte dos propietarios e propietarias ao que sumou propiedades de terra forestal. Esta inseguridade provocou “un efecto chamada” e a axilización de plantación de eucalipto ante a nova norma que prohibirá a plantación nas súas parcelas.
Ademais, a nacionalista cualificou o anuncio de “manobra de distracción”, para desviar a redución do eucalipto recollida no Plan forestal pero, na súa opinión cumpre unha dobre función. Por unha banda, tenta calmar aos sectores máis concienciados ecoloxicamente preocupados pola expansión sen control desta especie e a idea de paralizar as plantación crea “unha urxencia” para plantar novas superficies.
Dende o BNG alertamos dende hai tempo das plantacións ilegais en parcelas de frondosas, espazos naturais protexidos e zonas agrarias sen detectar “ningún control dende a administración” pública”. Neste sentido, afeou que “ningún responsable político da consellería de Medio Rural aparecerá publicamente para anunciar medidas ao respecto”. Para a deputada, o proceder de Medio Rural constata unha “certa conivencia” da consellaría coas plantacións ilegais. Non están anunciando unha moratoria, sentenciou, o que están conseguindo en un novo “boom” de plantacións de eucalipto para resituarse en Galiza antes da aprobación da devandita moratoria xa anunciada como cebo no debate do Plan forestal. Albert reiterou que non se está a producir unha limitación das superficies de eucalipto é “unha ampliación das mesmas”.
Pola súa parte, Xosé Luís Rivas (Mini) afirmou que o eucalipto ten o seu papel pero non debe ser “o único” factor de desenvolvemento para o rural. O deputado recalcou a necesidade de apostar polo carácter multifuncional e diverso do monte máis alá das plantacións de eucalipto.
En Galiza xa non hai plantas de eucaliptos para plantar
Rivas considerou que o Plan Forestal debe contar cun inventario que polo momento, “está no aire”, sen embargo, explicou, Medio Rural utilizou como escusa a falta dese inventario e buscar o consenso do sector para finalmente anunciar a moratoria con carácter transitorio até o 31 de decembro do 2025. Ao día seguinte de plantexar esta oferta á oposición foi difundido “a bombo e platillo” un anuncio en todos os medios de comunicación. Foi “un engano” e a moratoria converte a Galiza nun frenesí de corta de piñeiros e eucaliptos para volver a replantar ante o medo a non poder facelo.
Mini afirmou que detrás da operación da moratoria do eucalipto está a pasteira “ENCE” que continua presionando cara un modelo de forestación que dende o BNG, afirmou consideramos contrario aos intereses do país.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



