Lugo, 7 de maio de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou de que a Xunta de Goberno aprobou na reunión deste venres licitar o contrato para a prestación dos servizos básicos do Centro de Atención a Maiores de Meira cun orzamento base de preto de 625.000€. Trátase dun contrato que inclúe os servizos de cociña, limpeza e asistencia e que terá vixencia por un ano, prorrogable por outro.
José Tomé asinou hai 15 días co Alcalde de Meira o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello para a posta en marcha do centro de maiores e a Deputación ten en licitación, por un orzamento de 300.000€, o contrato para a dotación de equipamento das instalacións.
O Centro de Maiores de Meira contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose preciso, e 20 de centro de día. A Deputación ten previsto abrir este centro no verán. Este ano tamén se prevé a posta en marcha da residencia de Pedrafita do Cebreiro, antes do remate da primavera, e a de Navia de Suarna, de cara a final de ano. Deste xeito, a rede provincial pasaría das cinco residencias actuais -Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde e A Fonsagrada- a oito.
O Presidente subliñou que a Deputación está a cumprir “os compromisos que temos cos concellos en canto a residencias, pero creo que é conveniente recordar que, segundo o Estatuto de Galicia, as competencias en materia de asistencia social son da Xunta de Galicia. A pesar diso, o goberno autonómico non está transferindo nin un euro á Deputación de Lugo para o funcionamento deste servizo”.
Mellora viaria en Guitiriz
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou unha nova actuación na rede viaria provincial, a máis extensa de España, co visto bo do proxecto e a licitación das obras para acometer a mellora da estrada LU-P-2303, que comunica Parga con Santalla, no concello de Guitiriz. A Deputación investirá preto de 64.000€ na rehabilitación mediante rego asfáltico de 3,2 quilómetros desta estrada.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



