Alfoz, 19 de maio de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe “a importancia da prevención dos riscos aos que se enfrontan actualmente a infancia e a mocidade para evitarlles sufrimentos agora e no futuro”, durante a presentación dunha actividade realizada en Alfoz polo equipo da Comandancia da Garda Civil responsable do Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Na actividade, dirixida a nais e pais de escolares menores de 6 anos participantes no programa Educando en Familia, tamén estiveron presentes a tenente de alcalde do Concello de Alfoz, Ana Aránzazu Ares Incera, e a responsable do devandito programa educativo neste municipio da comarca da Mariña, Encarna Santos.
Isabel Rodríguez falou da valiosa labor que levan a cabo as forzas de seguridade entre os mozos e mozas da provincia coas actividades que realizan tanto a Garda Civil como a Policía Nacional para toda a comunidade educativa.
Os membros do equipo da Garda Civil da Comandancia de Lugo ligados ao Plan Director Héctor Méndez e Ramón Peña explicáronlles esta mañá aos asistentes ás dúas sesións de formación cómo actuar diante de situacións de acoso escolar e tamén lles ofreceron formación sobre os riscos que pode entrañar para a infancia e a mocidade facer un mal uso das novas tecnoloxías.
Estas charlas, que se celebraron na Casa da Cultura de Alfoz forman parte da programación para este mes de maio do equipo da Garda Civil responsable de desenvolver na provincia o Plan Director.
CON EDUCANDO EN FAMILIA EN 15 CONCELLOS
No caso do programa Educando en Familia, este curso, debido á pandemia, só se realizan actividades dirixidas a nais e pais de escolares. En total, o equipo de formadores da Garda Civil ten previsto realizar durante este mes de maio charlas para participantes neste programa en 15 concellos da provincia: Ribadeo, Begonte, Xermade, Guitiriz, Burela, Castro de Rei, Cervo, Foz, Alfoz, Outeiro de Rei, Ourol, Mondoñedo, Riotorto, Barreiros e O Vicedo.
NOS CENTROS ESCOLARES
Ademais, os formadores da Garda Civil continúan neste curso académico coas actividades dirixidas a centros escolares. Neste caso, levan realizado ata agora un total de 57 conferencias, a maioría delas por medios telemáticos, nas que participaron 2.082 alumnos e 136 membros do profesorado.
Ata rematar o curso teñen programadas novas charlas sobre temas como violencia de xénero, seguridade vial, acoso escolar, adicción a vídeo xogos, riscos das novas tecnoloxías e alcol e drogas para alumnos de primaria e secundaria de O Saviñao, Becerreá, Chantada, Portomarín, Cervo, Begonte, Meira, Cospeito, O Páramo, Láncara, Rábade e Burela.


















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



