Santiago de Compostela, 5 de maio 2021. O BNG acadou a unanimidade no Parlamento galego para instar á Xunta a demandar do Estado a creación da Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa da de Ferrol-San Cibrao, e a proceder a unha redistribución dos ingresos obtidos a través do porto mariñán para que revertan na costa luguesa, mentres non se cree a autoridade portuaria propia. De igual xeito, o deputado Daniel Castro tamén conseguiu o respaldo do resto de forzas políticas da Cámara para que o Executivo galego inicie as negociacións oportunas para liberalizar e abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto de Alcoa en San Cibrao.
Na defensa dunha proposición non de lei ante a comisión parlamentaria de Pesca, o deputado nacionalista pola Mariña lembrou que a de Lugo segue sendo a única provincia do Estado con litoral que carece de Autoridade Portuaria propia, “cando A Mariña é un territorio cuns niveis de movemento comercial e económico elevados ao contar con importantes portos como o de Burela e Celeiro e, por suposto, co de Alcoa”. Neste sentido, advertiu de que a actual Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao “non inverte no total da provincia de Lugo nin o 5% do recadado soamente na Mariña”, o que considerou que “non é nin xusto nin equitativo” e que, ademais, non responde a ningunha xustificación.
A esta cuestión, Castro engadiu a situación do dique norte de San Cibrao, ao que se referiu como “o gran esquecido ano tras ano polos gobernos galego e español”, a pesar de estar no porto de maior calado da Mariña e “a pesar de que a súa posta en funcionamento significaría habilitar un peirao de atraque de 240 metros de lonxitude de atraque para buques de 22 metros de eslora, 11,5 metros de calado e uns 50.000 metros cadrados de explanada portuaria, sendo ademais compatible co uso que Alcoa fai do dique sur”. Así, aludiu ao Informe de viabilidade da apertura do Dique Norte San Cibrao-Morás ao tráfico comercial, elaborado por Portos de Galiza xa en 2010 e no que se confirmaba a viabilidade operativa, construtiva, económica e de tráficos nun período de tempo moi curto.
O deputado do BNG concluíu recalcando a importancia de que estas medidas se poñan en marcha, “mais se cabe logo da pandemia e ante a grave crise industrial que sofre a comarca, coa supervivencia de Alcoa en xogo”, e recalcou que tanto a creación da nova Autoridade Portuaria como a liberalización do dique norte contribuirían a “unha indubidable dinamización socioeconómica”, co achegamento de máis empresas polo movemento dun maior número de mercadorías, a creación de máis postos de traballo e, en consecuencia, o afincamento de máis persoas nos concellos da comarca.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



