O Vicedo, 20 de maio de 2021. A mediados dos 90 do século XX, Galiza situouse á vangarda dos contidos infantís e xuvenís coa programación do Xabaril Club da Televisión de Galiza. Con ela, non só contribuíu decisivamente á normalización da lingua galega senón tamén á difusión da música, da produción audiovisual e escénica desenvolvida no país.
Esta situación mudou. Hoxe, a lingua galega é a única oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é que só o 4,6% da programación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.
A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español agás as galegas poden gozar dos mellores contidos televisivos na súa lingua.
Cómpre ter en conta que as novas xeracións adoitan consumir contidos noutros dispositivos como tabletas ou móbiles, polo que as aplicacións dos medios dedicadas aos contidos infantís tamén son moi importantes. Neste sentido, Clan TV de TVE ten unha aplicación que, ademais, dispón de diferentes actividades mais a pesar de ser unha canle pública, exclúe a opción en galego. Mentres, a App Xabaril da TVG, está sen actualizar desde 2018 e xa non é posíbel a descarga en dispositivos Android.
Temos unha corporación pública con boas e bos profesionais que cómpre dotar de máis e mellores medios técnicos para ser unha ferramenta eficaz e de primeira orde para a normalización lingüística na mocidade.
Para permitir o visionado na lingua propia das series e filmes máis vistos, os gobernos vasco e catalán chegaron a acordos con plataformas como Movistar + para a emisión de todos os seus contidos coa opción de lexendado nas súas respectivas linguas.
Non hai ningún motivo para que a infancia e mocidade galega non conte coas mesmas opcións para a visualización de contidos audiovisuais de éxito na súa lingua que se vivise en calquera outro territorio do Estado.
A Lei 6/1999, do 1 de setembro, do Audiovisual de Galiza, recolle nos seus artigos 1º, 4º e 5º, a importancia cultural, económica, social e para a normalización lingüística das actividades do sector audiovisual, recoñecéndose o seu carácter estratéxico.
Na mesma liña a TVG, nos principios xerais de programación, dentro do seu portal de transparencia sinala que o “especial papel correspóndelle á TVG e á Radiotelevisión á hora de contribuír á normalización da lingua galega e á difusión da cultura propia de Galiza”.
No Estado español, a Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual, recolle no seu capítulo I do título II, a garantía dos dereitos dos cidadáns e cidadás a recibir contidos en condicións de pluralismo cultural e lingüístico. Deste xeito, no artigo 4º di que “os operadores de titularidade pública contribuirán á promoción da industria cultural, en especial á de creacións audiovisuais vinculadas ás distintas linguas e culturas existentes no Estado”; e no artigo 5º, que “as comunidades autónomas con lingua propia poderán aprobar normas adicionais para os servizos de comunicación audiovisual do seu ámbito competencial co fin de promover a produción audiovisual na súa lingua propia”.
A lingua galega precisa espazos de uso, de reprodución e socialización para existir e desenvolverse. O galego debe estar “en todo e para todo”, en palabras de D. Ricardo Carvalho Calero. A exclusión ou a inferioridade de condicións no ámbito audiovisual impide calquera política real a favor da normalidade plena do noso idioma.
O goberno galego conta con importantes recursos para tornar realidade a demanda cidadá para que o galego estea presente e dispoñible en todos os espazos, nomeadamente para a infancia e a mocidade.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello do Vicedo propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
– Manifestar o seu apoio á Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística PARA UNHA CANLE XABARIL CLUB NA TVG E MÁIS E MELLOR DIFUSIÓN DE PROGRAMACIÓN INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO e a vontade de contribuír ao desenvolvemento da campaña.
– Instar ao Parlamento de Galiza e ao Goberno da Xunta de Galiza a que tomen as medidas necesarias para:
1) O aumento da oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle Xabaril, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
2) Que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.
3) Que o goberno galego chegue a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar as accións necesarias para a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.




















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.



