Madrid, 13 de maio, 2021. O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia en Común rexistrou este mércores unha iniciativa na que instan o Goberno a declarar a Gran Senda do Navia como obra de interese xeral para a súa inclusión no programa de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A Proposición Non de Lei está asinada polo deputado galego de Galicia en Común e portavoz da Comisión de Agricultura, Antón Gómez Reino, pola deputada asturiana e portavoz adxunta de Unidas Podemos, Sofía Fernández Castañón e o deputado verde e presidente da Comisión de Transición Ecolóxica, Juantxo López de Uralde.
“Os camiños naturais son máis de 10.300 quilómetros de antigas infraestruturas de transporte que actualmente se dedican a usos senderistas e ciclistas, os cales están repartidos nuns 130 itinerarios”, indican no texto rexistrado desde o Grupo Confederal. E lembran que “Antigas vías de ferrocarril, canles, camiños de sirga, vías pecuarias, sendas e mesmo antigos camiños públicos volven ser utilizados por unha poboación que demanda, cada día máis, o contacto coa natureza e espazos tranquilos nos que poder exercer actividades recreativas, turísticas e deportivas afastadas do tráfico motorizado”.
“Crear a Gran Senda do Navia é unha aposta contra o despoboamento e un proxecto para divulgar a riqueza paisaxística, patrimonial e cultural das comarcas fonsagradina e ancarina, en Galicia, e as do Navia e Suroccidente de Asturias”, sinalaron, pero lamentan que “con todo, e a pesar de tratarse dun dos proxectos máis ambiciosos para a dinamización turística e ambiental da zona nos últimos anos, atópase paralizado desde comezos do 2018”.
Por iso, instaron ao Goberno para “Declarar o proxecto da Gran Senda do Navia como obra de interese xeral”; así como a “Incluír a Gran Senda do Navia no Programa de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación”.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



