Lugo, 9 de xuño de 2021. A Consellería de Emprego e Igualdade achegou o pasado ano 3,4 millóns de euros aos traballadores autónomos lucenses a través de diversos programas de apoios destinados a este colectivo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que, tanto mediante estas axudas ordinarias como a través dos Plans de rescate, o Goberno galego “realiza un importante esforzo para apoiar a un colectivo fundamental para a economía da nosa provincia, onde un de cada tres traballadores é autónomo”. Así, no 2020 concedéronse 1.112 axudas, que favoreceron a incorporación ao réxime de autónomos de 464 persoas desempregadas e incrementaron a competitividade de empresas xa establecidas.
O delegado visitou hoxe en Lugo a empresa de servizos La Ferretería, que foi beneficiaria do Bono autónomo, o programa que sumou maior número de apoios na provincia: 631 expedientes que alcanzan unha contía global de 1.557.000 euros. Esta media financia estratexias de negocio e marketing así como compra de equipamento, equipos informáticos, reformas e mobiliario, entre outros elementos.
Porén, o maior volume de investimento concéntrase no programa de promoción do emprego autónomo; a Consellería apoiou con 1.750.000 euros a incorporación como traballadores autónomos de 464 persoas desempregadas. Trátase de axudas directas, dun mínimo de 2.000 euros e un máximo de 9.000 euros, para as persoas que causaron alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.
Ademais de fomentar o emprendemento, a Xunta tamén axuda a consolidar e impulsar o crecemento destas empresas con apoios á contratación de traballadores. Acolléronse a estas achegas 17 empresarios lucenses, que recibiron en total 113.400 euros.
Cifras na capital
Na cidade de Lugo déronse de alta 161 novos autónomos, que suman apoios por importe de 538.500 euros; concedéronse 162 bonos por importe global 381.600 euros, e catro empresarios recibiron axudas á contratación por 20.600 euros en total. No conxunto da comarca de Lugo alcanzáronse entre as tres liñas as 379 axudas e 1.115.600 euros de investimento.
Arias lembrou que a Consellería convocará proximamente de novo estes programas así como o terceiro Plan de recate. Ao respecto, afirmou que “a realidade socioeconómica da nosa provincia indica que os autónomos son vitais para unha recuperación do emprego, e apoialos para que poidan remontar a situación xerada pola pandemia, crecer e ampliar os seus mercados é unha prioridade para a Xunta de Galicia”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



