Ribadeo, a 9 de xuño de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca que “a Xunta achegou a Ribadeo 144.000 euros dentro do primeiro plan de rescate e ata 368.700 co segundo, o que supón máis de medio millón de euros en axudas directas ao sector hostaleiro”. Ademais, “aportou 184.830 euros en axudas aos establecementos de hostalería para a compra de material -envases para entregar consumicións para levar que no momento no que estiveron pechados lles permitiu manter certa actividade- ou para a realización de obras -a adecuación de terraza no exterior dos establecementos-. Son un total de 697.530 euros os que leva aportado a Xunta aos bares e restaurantes de Ribadeo contribuíndo así a reactivar a economía da vila”, segundo considera o portavoz.
Vega avanza que “a Xunta está a preparar xa o terceiro Plan de rescate” e, nesa liña, “continuaremos do lado do noso tecido económico local igual que ata o de agora que estivemos informando e asesorando aos negocios ribadenses para que puideran solicitar e optar ás axudas da Xunta para o rescate dos sectores afectados pola crise da covid-19”.
De feito, o popular avoga polo “traballo conxunto” ao considerar que se trata dun “deber das administracións e dos grupos políticos da corporación ante estes momentos complexos e difíciles” debido ás consecuencias negativas da pandemia a nivel económico e social.
O BNG dixo catro veces que non ás axudas directas por parte do Concello
Vega sinala que “dende o Grupo Municipal Popular estamos traballando pegados á realidade”. Pola contra, “botamos en falta axudas directas aos sectores máis afectados pola crise derivada da pandemia por parte do goberno local do BNG”. De feito, lembra que “votaron que non en catro ocasións á nosa proposta para poñer en marcha un plan de reactivación económica local que incluíse axudas directas coma as establecidas por outros Concellos”. Así mesmo, critica que “tampouco fixo nada do que quedou de facer porque anunciaron a suspensión temporal dos recibos da auga e do lixo, pero seguen chegando”. Nese sentido, o voceiro popular pide que “tan sequera, eliminen temporalmente os impostos”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



