Ribadeo, 11 de xuño de 2021. Acisa vén de asinar un convenio de colaboración con Adamo con condicións vantaxosas para os asociados e asociadas. Ao acto asistiron o presidente do colectivo empresarial ribadense, Francisco Iriarte, e o responsable de zona da empresa de telecomunicacións, Afasto Andrade.
Desde Acisa o seu presidente, Francisco Iriarte, destaca “la gran promoción realizada de Ribadeo por parte de Adamo con la campaña del pueblo más amado de España. De ahí que cuando nos propusieron firmar el convenio, pensamos que teníamos que estar a la altura. Adamo cuenta con implantación en la zona y sigue en expansión, por eso consideramos que a nuestros socios y socias les podría interesar todo lo que la empresa les puede ofertar”. Aquellas empresas que contraten fibra con Adamo Business pagarán un 50% menso durante los tres primeros meses y tendrán un descuento especial en la segunda fibra. Todas las firmas asociadas a Acisa han recibido, como es habitual, la comunicación informativa correspondiente sobre este nuevo convenio.
Asemblea xeral
O vindeiro luns, 14 de xuño, ás 20 horas terá lugar no Cine Teatro a asemblea xeral ordinaria de Acisa. Trátase da primeira que se celebra na era covid. O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, lembra que “debido a la situación sanitaria que hemos y estamos viviendo nos vimos en la obligación de posponer la asamblea general de Acisa hasta este momento, fecha en la que se puede desarrollar de forma presencial, cumpliendo con los aforos y con la normativa sanitaria en vigor en este momento”.
Iriarte e Pérez animan “a nuestras asociadas y asociados a asistir a la asamblea, dado que es el momento y el lugar para analizar el trabajo realizado, las actuaciones previstas, etc… para intercambiar opiniones, sensaciones, tras el duro año que todos hemos vivido desde marzo de 2020”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



