Burela, 18 de xuño de 2021. O salón de plenos acolleu a entrega dos premios aos gañadores dos Concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2021, que foron convocados pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela.
Os encargados da entrega de agasallos foron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira Noelia Mª Ben.
O gañadora do VII Concurso de Lemas foi Mª Isabel Suárez Rey con Que todas as razas actúen como irmáns”.
E os gañadores do VII Concurso de Debuxo-Pintura foron:
-2º categoría: – 1º Premio – Shiva Eliska Alinda Nurhakim.
-3º Categoría: – 1º Premio – Jorge Manchado Rivero.
2º Premio – Coral Rodríguez García.
Noelia Mª Ben, concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, felicitounos e agradeceulles a todos e todas a súa participación nesta actividade, que chegou á súa sétima edición.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.