Santiago de Compostela 22 de xuño, 2021. Pleno. A portavoz en materia de Enerxía do BNG, Noa Presas defendeu unha moción contra o modelo eólico da Xunta que cualificou de “inxusto, antigalego e insostible” e propuxo un novo modelo baseado na “ordenación, a participación pública, a defensa do autogoberno e os intereses galegos”.
A nacionalista reclamou paralizar calquera proxecto eólico superior a 50MW que colida co Plan sectorial eólico ou con calquera categoría de protección ambiental comunitaria que podan ocasionar irreversible afectación ambiental, social ou económica e demandar do goberno central a realización das modificacións oportunas da Lei 24/2013 do Sector Eléctrico para que Galiza poida exercer as competencias respecto das instalacións de produción de enerxía eléctrica.
Na actualidade, Galiza, dixo a deputada, vive un “auténtico terremoto no sector enerxético” con graves custos sociais, ambientais e económicos e polo incremento do prezo da enerxía. Este terremoto compleméntase, dixo, cun “boom eólico descontrolado” que está a ser parte dos problemas sociais e económicos deste país no lugar de contribuír a ser parte da solución
Temos a oportunidade de apostar por nun novo modelo enerxético que sexa “xusto, galego e sostible” pero pola contra, asistimos a unha transición enerxética pensada polo oligopolio para substituír unhas fontes de xeración por outras tendo exclusivamente como vara de medir os seus propios beneficios. “Eólica si, pero non así”, recalcou.
Modelo depredador, antisocial e colonial
A deputada explicou que o modelo eólico da Xunta é un “modelo depredador” e planificado en zonas protexidas. É antisocial porque está feito de costas á veciñanza e ás poboacións, aos intereses colectivos, os usos do territorio e sen transparencia.
É un modelo no “top ten do neoliberalismo” e orquestrado desde as empresas do oligopolio e desde os gobernos galego que reducen a Galiza “a unha reserva enerxética sen ningunha compensación a cambio”.
A parlamentaria explicou que o modelo do goberno galego, “vén do franquismo” e outorga a Galiza un papel de potencia produtora, sen indemnización por ese papel e asumindo custes medioambientais e sociais a cambio “dunhas migallas”. Hoxe, recalcou Presas, repítese a historia que viviu Galiza coa enerxía hidráulica: “feudalismo enerxético”, que dicía don Otero Pedrayo cando se construíu o encoro de Castrelo de Miño.
“Temos marxe para planificar, e temos dereito a facelo”. O goberno galego escúdase en que non todos os proxectos solicitados serán tramitados pero tamén é certo que a “proxección de instalación é enorme”, e quen decide? preguntou, a nacionalista, nós ou os consellos de administración das eléctricas “nos que despois se sentan, Bea Mato, Felipe González, Acebes, Tejerina, Fátima Báñez…?
Que imos facer para que a potencia que se instale retorne en beneficios para Galiza porque os concellos, aseverou Presas, “reciben menos dun 5% e as e os propietarios das menos do 2%”
Noa Presas concluíu a súa intervención reclamando un novo Plan Sectorial Eólico cunha ampla participación e proceso de exposición pública co fin de suscitar o maior consenso posíbel, habilitando maiores zonas de exclusión que incorporen as zonas previstas de ampliación da Rede Natura. Facer participes dos beneficios do sector aos concellos galegos e as persoas propietarias das terras, comunidades de montes, propiedades agrogandeiras así como impulsar Plans de Desenvolvemento Industrial favorecendo que sexan desenvolvidos en Galiza e fórmulas de democratización da enerxía como as comunidades enerxéticas, os parques enerxéticos comunitarios e o autoconsumo enerxético.
A moción do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



