Lugo, 15 de xuño de 2021. A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade presentou as Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural “O que non arde”, que se celebarán en Navia de Suarna, do 25 ao 27 de xuño, organizadas pola entidade provincial en colaboración coa Asociación Ser e coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.
O encontro, que se celebrará en Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovidoa polo cineasta Oliver Laxe, incluír relatorios e mesas redondas centradas en prestar apoio e transferir coñecemento a persoas con proxectos a desenvolver no rural, aproveitando a gran potencialidade produtiva coa que contamos en Galiza.
Así, os distintos relatorios e mesas redondas abordarán temas relacionados coas políticas públicas de incorporacion ao campo e o relevo xeneracional agrario, debullarán iniciativas de desenvolvemento rural de concellos de Galiza e Asturias (A Veiga, Allariz e Somiedo), propostas do Comisionado para o reto demográfico de Asturias ou de proxectos de produción agroalimentaria asentados nos Ancares.
A iniciativa, promovida pola área de Medio Rural, conta coa colaboración da Asociación Ser e da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que organizará no marco das xornadas a súa VI Reunión de Primavera, centrada en poñer en valor a gandería extensiva de cabrún de carne como alternativa de aproveitamento nas zonas de montaña.
“Consideramos que estas xornadas son unha oportunidade de gran potencial xa que que unen nun mesmo evento os potenciais emprendedores rurais coa iniciativa de Oliver Laxe para dinamizar a zona dos Ancares no marco do seu proxecto multifuncional da Casa Quindós, a experiencia en divulgación científica da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e a traxectoria investigadora do Campus Terra en materia agroforestal”, sinalou a deputada de Medio Rural
Mónica Freire vinculou esta iniciativa ao plan de prevención de incendios “O que non arde”, dirixido a incentivar e apoiar os traballos de limpeza de faixas secundarias de biomasa e faixas laterais nas vías municipais e a súa recuperación como superficie produtiva. “O plan estratéxico de Medio Rural contempla accións encamiñadas ao mantemento da superficie agraria útil e a recuperación de zonas de monte abandonadas ou improdutivas. Así como o fomento de labores de pastoreo, aproveitamento silvopastoril, broza ou xestión mixta sostible con sistemas agroforestais, onde se inclúan especies leñosas autóctonas. A ordenación do territorio é un piar fundamental na creación das condicións necesarias para un rural vivo”, apuntou.
Ademais dos relatorios e mesas redondas, o programa das xornadas inclúe un concerto de Davide Salvado, na contorna das excavacións do castro de Vilela, e unha demostración de maquinaria agrícola de montaña, centrada no desbroce en altura.
Oliver Laxe, involucrado na iniciativa como promotor de Casa Quindós e membro da Asociación Ser, explicou que “as xornadas pretende poñer o foco en proxectos innovadores no rural e servir como punto de encontro para a veciñanza”.
Na presentación tamén se puxo en valor a colaboración nas xornadas do Campus Terra, coa participación nos relatorios de docentes da Escola Politécnica Superior de Enxeñería Agroforestal, como Antonio Rigueiro, Rosa Mosquera ou Mar Pérez Fra.
A vicerreitora da USC en Lugo, Montserrat Valcárcel, sinalou na súa intervención a orientación do Campus Terra “á investigación e transferencia de coñecemento ao sector primario e as persoas que viven no rural”.
Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
O derradeiro día das xornadas, o 27 de xuño, dedicarase ao desenvolvemento da VI Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que retoma a súa actividade formativa e divulgativa despois de meses condicionada pola pandemia.
O presidente da entidade, Joan Alibés, explicou que o encontro se centrará no desenvolvemento do sector cabrún na zona dos Ancares. “É un sector que está minguando fortemente, cun denso entre o 15% e o 20% do censo galego no último ano, cando pola contra temos unha necesidade acuciante de gando no monte, tanto nos Ancares como noutras zonas de montaña”, concluíu.



















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



