Viveiro, 2 de xuño, 2021. Veñen de Programarse visitas ao casco de Viveiro para explicar o proxecto “Abrandares de Viveiro, Roteiro Feminino”. Un paseo desde unha perspectiva distinta, a muller como centro e a súa relación vital na sociedade. Realizado por Mariña Gueimunde e Antonio Lage-Seara.
Participaron distintos colectivos. Primeiro cun roteiro con +60 de Afundación e posteriormente o CEIP Landro, desde os cursos de preescolar a 6º. Unha experiencia acolledora, didáctica e instructiva
Desde Mujeres en Igualdade Viveiro anímase a andar por ese Viveiro con nome de muller, coñecer a moitas das referentes cun sinal loable, ejemplarizante e interesante.
AS MULLERES DE VIVEIRO
“Hai unha muller ó comezo de tódalas grandes cousas” (A. de Lamartine).
A historia escríbese en feminino. Estes son os nomes femininos con vínculo a Viveiro, tanto por nacemento ou familiaridade. Algunhas das nosas rúas teñen nome de muller dende hai anos o que fai a este pobo pioneiro na loa de mulleres na historia. Cómpre debuxar os exemplos de casos reais e referencias rompedoras.
No ensinanza temos o caso de María Sarmiento Ribadeneira, a “latina galega” a primeira en montar unha escola en Galicia sen sustento da igrexa, existente dende 1597 ata 1840. Tamén Margarita Pardo de Cela, que testou para facer unha Cátedra de Artes Liberais (Filosofía) no Convento de Santo Domingo activa dende 1696 ata 1835. A María de las Alas Pumariño fundadora do Convento das Concepcionistas no 1601. A Rita Lago Robles que de colgar os hábitos lega os seus bens para fundar en 1915 na súa casa patrucial, a escola e comedor do Colexio da Inmaculada, Cristo Rey, hoxe aínda latente. Ou Antonia Trobo Rodriguez creando un centro bastante completo na Abelleira de Galdo en 1921.
Nas letras destaca no XIX Camelia Cociña, poetisa membro de varias academias como a malacitana, igualadina ou mont-real de Toulouse, con premio do ateneo. No teatro afeccionado galeguista Teresa e Micaela Chao Maciñeira, caras visibles das Irmandades da Fala femininas, casadas ambas cos Vilar Ponte. Luz Pozo Garza, poeta insigne e membro da Real Academia Galega.
Nas Artes, a surrealista, xenial e internacional María Gómez González, Maruja Mallo. Ou Julia Minguillón de quen se sospeita está soterrada aquí, onde pasou longas estancias, quizais a nosa natureza e estampas costumistas servíronlle como fonte de inspiración.
Na ciencia destaca a primeira muller e facer o bacharelato e ser licenciada en Farmacia de Galicia, Manuela Barreiro. E como non a matrona de Celeiro, Dolores Salgueiro, a “Chitona”, que tantas almas axudou a traer.
Ata temos unha viaxeira peregrina a Terra Santa que rematou sendo beata, o destapar o seu cadaleito e atopar o corpo incorrupto ó que se lle atribuíron milagres, Constanza de Castro y Ossorio.
E non nos esquenzamos dos de miles de nomes anónimos que contribuíron a construír a sociedade co seu esforzo. Mestras das escolas, mineiras da Silvarosa, as do Campo agro-gandeiro, as do mundo do mar, peixeiras e conserveiras, as mulleres do téxitl do liño, la ou coiro, as emigrantes de ultramar, as da gastronomía, con panadeiras, pasteleiras e cociñeiras. E un longa corda de mesteres.
Na actualidade coñecemos tamén veciñas de éxito nas súas áreas, que loitan e traballan por facer un mundo máis libre, igual e mellor.
Todas elas, As Mulleres de Viveiro, que conforman un valor único, un mundo, a cultura dunha comunidade ou capital humano que se asentada nas beiras do Landro durante máis de dous milenios. Elas son as nais, avoas, compañeiras e amigas, elas son a vida.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



