Ribadeo, 11 de xuño de 2021. As mulleres que escriben, que interpretan, que coñecen de música e o seu ocultamento na historia son as protagonistas dunha exposición que se poderá desfrutar na oficina de turismo de Ribadeo (Lugo) ata o vindeiro luns 14 de xuño, cun horario de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 19,00 horas.
A mostra quere reivindicar a presenza feminina ocultada ao longo dos séculos na tradición da música culta galega. Esta área foi e segue sendo un terreo no cal hai unha grande discriminación e onde as galegas músicas foron relegadas ao ornamental, ao exercicio do piano ou as clases particulares para logo abandonar as súas inquedanzas artísticas ao casar. A intención das organizadoras é, pois, poñer nomes e perpetualos na nosa memoria colectiva.
Esta exposición, elaborada polo profesorado e o alumnado do colexio Sagrado Corazón de Jesús en Ribadeo, está coordinada pola xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo e participaron no seu deseño e dirección as mestras Carme Rodríguez Rodríguez e Carme Rodríguez Cancelo. Nela o público poderá contemplar, a través de once paneis, o traballo das mulleres compositoras e intérpretes, dende autoras como María Pérez, A Balteira, afamada soldadeira do medievo, pasando por Eugenia Osterberguer, Agustina del Carmen Otero, bailarina e actriz coñecida como La Bella Otero, María Aurea Rodríguez, primeira galega gaiteira documentada na nosa historia, ata mulleres do noso presente, como a compositora Margarita Viso, a tamén compositora Lucía Martínez ou, tamén, mulleres do panorama musical da nosa época en Ribadeo, como é o caso da percusionista Irene Rodríguez ou da docente Helena Celia López.
Os paneis da mostra divídense polas mulleres que fixeron historia, as que están a facer historia e as mulleres músicas propias de Ribadeo. A edición destes paneis correu a cargo da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A mostra pon o foco na achega á loita pola igualdade da muller no campo musical para dar pé á reflexión e anima á veciñanza de Ribadeo a coñecer máis sobre a historia musical da Comunidade onde a muller reivindica para si, e a sociedade galega con ela, a condición de plena igualdade en todos os ámbitos, xaora o musical.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



