A Mariña 28 de xullo de 2021. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca novamente unha concentración baixo o lema xenérico “contra o desmantelamento da atención primaria”. Desta volta desplazarémonos ata o centro de saúde de Ribadeo ás sete da tarde. Daremos así continuidade ás mobilizacións que vimos facendo na comarca desde o pasado mes de xuño.
Nesta ocasión, a maiores dos problemas comúns que afectan á Atención Primaria da comarca e do país,e que inciden directamente nunha merma na calidade asistencial, detectamos a eliminación parcial da facultativa que atende a quenda de tarde. Esta quenda, cun cupo aproximado dun milleiro de pacientes, está actualmente atendido pola profesional durante dous días á semana, pasando a reforzar a quenda de mañá o resto dos días. É o que o Sergas ven chamando “ quenda deslizante”, dado que a profesional percorre todos os turnos, máis desde este colectivo cremos que a implantación desta modalidade de atención sanitaria sólo é factible “se están cubertos todas os días da semana en quenda de tarde, ofertando ás e aos pacientes servicio médico todos os días”, comentan desde o colectivo.
A ausencia de profesionais sanitarios para as persoas desprazadas sobrecarga aínda máis ao persoal e merma a calidade asistencial.
A este problema coa facultativa de tarde súmase a falta de substitución do persoal médico en vacacións ou a ausencia de persoal sanitario para atender ás persosa desplazadas, nunha localidade que cuadriplica a súa poboación e que é susceptible de enfermar aínda que esté desfrutando de vacacións. Estase a sobrecargar a un persoal que xa non pode máis despois dun ano e pico de dar o mellor de si mesmas para tentar combatir a pandemia, e que o Sergas non fai máis que maltratar dándolle despois agasallos ou premios que nos parecen simplemente obscenos. Segundo comenta coordinadora da Plataforma Sanitaria, “a decisión do goberno da Xunta de recortar persoal sanitario cargando sobre as costas dxs compañeirxs o traballo, fai que a calidade asistencial diminúa escandalosamente, ao tempo que a percepción dunha atención incompleta é a tónica xeral que perciben as persoas usuarias”.
Desde este colectivo animamos a veciños e veciñas a que acudan á concentración , pois a mobilización e a presión social son o único camiño para lograr que o goberno da Xunta recúe nas súas pretensións de desmantelar a xa maltreita atención primaria. Conclúe Montse Porteiro que “ o pilar básico da atención sanitaria queda nunha situación de caos que, coma sempre afectará negativamente a veciñas e veciños”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



