O Venres 13 a charanga femenina Brassica Rapa amenizará a tarde-noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hosteleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21h.
Actividades socioculturais para esta semana no Vicedo
O Venres 13 a charanga femenina Brassica Rapa amenizará a tarde-noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hosteleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21h.
Fíxoo na igrexa de Santa María de Burela.
Alí, enxalzou a importancia deste tipo de eventos, que poñen de relevo o sector apícola galego, que actúa como elemento dinamizador de moitas contornas rurais e que supón a base económica de moitas familias. Ademais, lembrou que a nosa comunidade conta cun distintivo de calidade diferenciada propio para este produto, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que pode complementarse tamén co selo de Artesanía Alimentaria, aportándolle unha dimensión dobre ao mel producido en Galicia, poñendo o foco na súa produción tradicional.
Compartiu uns intres con ela e coa súa familia no seu fogar no lugar do Penido, en Cuíña, e entregoulle un ramo de flores como mostra de agarimo.
O conselleiro do Mar participou na XXXVII Feira do Mel.
O incidente ocorreu na estrada en encoro, en Rúa. O 112 Galicia foi coñecedor do suceso pouco despois das 13:00 horas de hoxe, logo de que as urxencias sanitarias informasen de que a unha persoa lle caera unha póla na cabeza. Ademais, indicaron que se atopaba nunha zona de difícil acceso, lonxe da ambulancia, polo que ían ser precisos máis medios. Sen agardar, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Policía Local e á Garda Civil. Pouco despois, e logo de tratar de reanimalo, o persoal sanitaria indicou que o traballador falecera.
O pasado mes de maio inicouse unha investigación tras ter coñecemento dun potencial punto de venda de substancias estupefacientes no interior dun inmoble situado no termo municipal focense, detectándos a entrada de persoas que saían transcorridos poucos minutos, tratándose algún deles de coñecidos consumidores da zona, chegando a intervirlles substancias estupefacientes adquiridas no citado punto de venda. A persoa detida foi posta ao dispor xudicial
Pola mañá, visitaranse diversos lugares dentro da propia vila, acompañados por Xaime Félix López Arias, "Arlindo", gran coñecedor da súa historia. A visita da mañá rematará no campo da feira, onde hai reservado un lugar para xantar. Nesta ocasión, cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar e de pagar directamente aos do mesón. Pola tarde, visitarase o mosteiro da Magdalena antes de regresar. O bus saiará da Cruz do Lobo ás 8.00h e recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro. Para ver os prezos, condicións e detalles da viaxe pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2024/10/visita-ao-patrimonio-de-sarria.html
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital