Ribadeo, 9 de agosto de 2021. Seguen en descenso os casos de contaxios de covid en Ribadeo. A día de hoxe son 43 os diagnosticados. O alcalde, Fernando Suárez, pídelle á cidadanía, tanto aos que viven en Ribadeo como aos que visitan a localidade, un comportamento individual responsable diante das boas perspectivas, que poden verse truncadas “se as cousas non se fan como se debería”.
O rexedor dixo que “vemos con moita prudencia como os datos de contaxios en Ribadeo están a evolucionar á baixa. Do case centenar de persoas de hai uns días, hoxe temos un total de 43 casos diagnosticados, segundo os datos que diariamente emiten as autoridades sanitarias. Tamén os índices de incidencia acumulada de contaxios xa están baixando de escala, pasando dos mais de 500 por cada 100.000 habitantes a entre 125 e 250 nos últimos 7 días, o cal quere dicir que xa pasamos o pico do gromo e que estamos descendendo”.
Suárez Barcia pensa que “quizais nos vindeiros tempos Ribadeo poida tamén saír do nivel de alto de restricións no que está actualmente e pasar a un nivel medio, o cal redundaría fundamentalmente no sector servizos por mor do incremento das capacidades dos locais”.
Centro de Atención ás Persoas Maiores
O alcalde referiuse nesta xornada ao gromo detectado hai uns días na nova residencia de maiores: “tamén podemos ver con moita esperanza como evoluciona o gromo detectado hai uns días no novo Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ribadeo e que afecta a 6 residentes e 1 traballador. Cónstanos que todos os contaxiados están asintomáticos, o que demostra a valía das vacinas, xa que non impiden o contaxio, pero si impiden que as consecuencias se tornen dramáticas”.
Para Fernando Suárez “o mais importante neste momento é que o centro evoluciona segundo o esperado e mantéñense e manteranse os cribados con antíxenos, para intentar controlar a cadea de transmisión. A modo de exemplo, no cribado feito nesta mesma mañá, o resto de usuarios do centro seguen sendo negativos en covid. A quenda do cribado dos traballadores será mañá, a través do test de saliva, xa que todos os traballadores deron negativo nas PCR do pasado venres”.
O rexedor ribadense engadiu: “temos que lembrar que os centros de maiores, como parte da sociedade, están máis expostos que nunca desde que empezou a pandemia, ao existir moitas persoas asintomáticas pero contaxiadoras que acceden aos centros. Por outra banda, os residentes participan da vida da comunidade ao saír e socializarse, polo que a probabilidade de contaxio é moi elevada neste momento”.
E volveu pedirlle responsabilidade individual á cidadanía: “con todo, debemos pedirlle unha vez mais a toda a cidadanía, á que está aquí todo o ano e á que nos visita nesta época, un comportamento individual responsable, pois estas boas perspectivas pódense ver truncadas se as cousas non se fan como se debería”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



