Santiago, 9 de agosto de 2021. A viceportavoz do Grupo Popular Elena Candia presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa encamiñada a que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para que concrete e priorice as medidas na Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G que permitan incentivar o despregamento desta tecnoloxía nas poboacións de menor tamaño e no medio rural, así como aquelas infraestruturas, polos industriais e de coñecemento estratéxicos da Comunidade Autónoma.
Elena Candia criticou que dentro da Estratexia de impulso ao desenvolvemento da tecnoloxía 5G , o Goberno do Estado, que é quen ten a competencia en materia de telecomunicacións e que actualmente conta cos fondos europeos para a súa financiación e posta en marcha, realizou as primeiras actuacións coa subasta da banda de 700Mhz, “cunhas obrigacións de cobertura 5G para os operadores adxudicatarios das frecuencias, que distan moito de cubrir as necesidades dos territorios máis rurais e complexos, como é o caso de Galicia”.
Con estas obrigacións se deixa a súa sorte ao 92% do territorio galego xa que na subasta non se obriga aos operadores a implantación desta tecnoloxía na poboación de menos de 20.000 habitantes e deixa fora os portos, as estacións de tren de toda a Comunidade ou os aeroportos de Vigo e A Coruña, indicou a viceportavoz popular.
Así mesmo, indicou que quedan fora das obrigas estradas tan importantes como a N-550, a N-120, a N-540, a N-640, así como a rede de carreteras e autovías autonómicas e a rede de carreteras provinciais.
A viceportavoz popular indicou que a conectividade, tanto de redes fixas como móbiles, é un factor esencial no desenvolvemento económico e social e, no momento actual, converteuse nun servizo imprescindible para o desempeño escolares, laborais e asistencial desde os fogares.
“Exemplos básicos como o teletraballo que se converteu nos últimos tempos nunha oportunidade nos concellos pequenos do noso rural ou todos os avances da telemediciña para poder facer seguimento aos pacientes crónicos, é indudable para non quedarnos fora desa infraestrutura” indicou Elena Candia.
A viceportavoz recordou que a Xunta xa fixo alegacións aos pliegos de subasta a da banda de 700 Mhz a principios de ano e o Estado non fixo caso das mesmas “e esa falta de lealdade para co Goberno autonómico e os cidadáns deixa fora das obligacións aos operadores no despliegue do 5G e manifesta a falta de coherencia dun Goberno que leva meses vendendo a importancia deste para a España vaciada e as zonas rurais”.
Recordou Elena Candia que Galicia é a comunidade máis rural de España, cuantificando o 40% dos núcleos rurais totais, ademáis de reunir un 5,8% da poboación do Estado, dato que sumado ao número de núcleos deixa patente un elevado nivel de dispersión poboacional, que sumada á complexa orografía, dificultan o despliegue de conexión á internet na nosa Comunidade. Ademáis a poboación residente nos grandes núcleos (de máis de 20.000 habitantes) é de tan só o 31%, a máis baixa de España, mentres o 40% dos galegos e galegas viven en núcleos de menos de 500 habitantes, factores que non foron tidos en conta polo Goberno central.
ALCOA
A viceportavoz popular tamén fixo referencia na súa intervención a preocupación e intranquilidade ante a proposta de Alcoa e o Goberno de aprazar ata o ano que vén unha posible saíde á venda da fábrica de aluminio primario de Alcoa. “Non foron capaces de pasar das intencións aos feitos, precisamos concreción e non parece razoable trasladar a venda a xaneiro de 2023 cando agora mesmo temos catro potenciais compradores” indicou Elena Candia.
A deputada popular indicou tamén que “estase a demostrar que o prezo enerxético é o principal condicionante para proceder á venda da planta polo que lle demandamos ao Goberno e Alcoa que o convenio que queren firmar en setembro coa Xunta, comité de empresa e sindicatos sexa realmente un contrato de venda efectivo, que se marquen todas as pautas necesaria para fixar como será a operación de compra-venda”
A solución, indicou Elena Candia, pasa por un compromiso do Goberno para acadar un prezo eléctrico estable e competitivo que levamos agardando máis de dous anos do mesmo xeito que debe asumir o liderado para encontrar un socio industrial
DEPORTISTAS GALEGOS EN TOKIO
A viceportavoz popular tamén deu a noraboa aos deportistas que deixaron moi alto o nome de Galicia e de España nos xogos olímpicos de Tokio. Polas 6 medallas acadadas (3 de plata e 3 de bronce) e polos 9 diplomas, “pero sobretodo sentínomos orgullosos dos 21 deportistas, dos que 16 quedaron entre os 8 primeiros postos, do seu esforzo, da súa deportividade e do seu exemplo e labor como embaixadores de Galicia no mundo enteiro”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



