Lugo, 18 de agosto de 2021. A Deputación de Lugo colabora cunha nova edición do festival Bal y Gay, que comezou este mércores no Pazo do Conde de Fontao, no concello de Foz. Esta cita musical conta cun investimento de 12.000€ da institución provincial, que axuda na súa posta en marcha en distintos espazos da Mariña. A oitava edición, que leva por título Música á beira do mar, pasará dende hoxe ata o 26 de agosto polos concellos de Foz, Ribadeo, Burela, Cervo e Mondoñedo.
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, asistiu ao primeiro concerto da man do Cuarteto Seikilos. Esta cita responde ao modelo de turismo de calidade e sostible, vinculado ó patrimonio, á cultura e á gastronomía, que favorece experiencias persoais únicas. Un evento musical que xa é un referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugar destacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura.
O programa compleméntase con tres concertos familiares o 20, 21 e 22 de agosto en San Cibrao, Ribadeo e Mondoñedo e obradoiros de Recuerdos Musicais os días 17, 19 e 21 de agosto nos Centros de Atención a Maiores en Trabada e Ribadeo. Tamén se levará a cabo o ciclo de conferencias en formato virtual Hojas de álbum con invitados de renome da cultura.
Programa musical
Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com
Mércores 18 de agosto
20:30h. Cuarteto Seikilos, no Pazo do Conde de Fontao (Foz)
Xoves 19 de agosto
21:00h. Cantoria, na Igrexa Santiago de Foz
Venres 20 de agosto
20:30h. Concerto a piano con Javier Perianes, no Auditorio Hernán Naval (Ribadeo)
Sábado 21 de agosto
20:30h. Concerto de cámara con Jaume Santonja e María Toledo, no Auditorio da Casa da Cultura (Burela)
Domingo 22 de agosto
13:00h. Hércules Brass, en Barreiros
21:00h. Puro Gershwin, na Finca Goleta (Foz)
Luns 23 de agosto
20:30h. Hércules Brass, en Vilanova de Lourenzá
Martes 24 de agosto
20:30h. Pablo Sáinz-Villegas , na Fábrica de Sargadelos (Cervo)
Mércores 25 de agosto
20:30h. Cuarteto Casals, na Basílica de San Martiño (Foz)
Xoves 26 de agosto
21:00h. Orquesta Sinfónica de Galicia, na Catedral de Mondoñedo






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



