Non é un conto: nos EEUU comezouse a vender a Lúa.
Ar, auga, mar, ceo… elementos básicos da nosa vida, mesmo absolutamente necesarios, foron considerados dende sempre patrimonio común. Foron, en pasado. Hai tempo xa que saltou á prensa a nova de que alguén se adicara a embotellar ar ‘puro’ e a vendelo para o seu desfrute. Entendo que aquelo, unha vez pasado o furor da curiosidade inicial, esqueceuse, pero a semente está lanzada.
Outra cousa ben diferente é a auga, que nos venden embotellada dende hai tempo, competindo coa auga ‘libre’ da traída. A guerra entre comercialización e comunidade do prezado líquido non rematou nin moito menos; mentres que moitas cidades están retomando o control da distribución da auga nos seus núcleos urbanos, noutros lugares multinacionais cunha rama da empresa adicada a comercializar auga están secando acuíferos e privando a poboacións enteiras do prezado líquido, nunha auténtica guerra da auga que nos EEUU leva tempo producíndose. Por exemplo, hai moito tempo (1941) que a californiana cidade de Los Ángeles ‘mercou’ e desviou parte das aguas que chegaban a un lago, o lago Mono, situado a máis de 500 km de distancia, para o seu abastecemento, e o levou case á súa desaparición, impedindo de xeito parcial o aproveitamento das augas polos moradores da zona
Que dicir do mar, onde hai países que teñen privatizado o litoral (e outros que, aínda téndoo protexido, fan caso omiso de determinadas leis – véxase a ribadense illa Pancha -), ou conceden permisos para instalacións acuáticas diversas que perturban dende a pesca (acabamos de ver o caso dos eólicos nas nosas costas) á calidade das augas – e neste caso, os exemplos poden saír polas orellas -. Iso, sen lembrar a ampliación dos ‘territorios mariños de soberanía’ de 6 a 12, a … e a 200 millas mariñas, ampliación realizada para poder conceder dereitos sobre esas augas e leitos mariños a compañías privadas.
O do ceo pareceu sempre máis complicado para comercializar, pero dende as querelas iniciadas nos EEUU nos primeiros tempos da aviación por propietarios de terras por riba das que pasaban vós, ten habido diversas tentativas. A última, a que dá orixe a estas verbas, véxoa co titular ‘La fiebre del regolito: la NASA inicia la era de la minería lunar con un simbólico cheque de 10 centavos’. Hai tecnoloxía para traer minerais dos asteroides ou da Lúa camiño da Terra, e estase a tentar. Pero neste caso é unha tecnoloxía con empresa privada detrás, na procura de beneficio. e unha simbólica achega da NASA á empresa ven ser como a certificación do recoñecemento das institucións públicas dos dereitos privados sobre o máis aló. Algo que sería para esbozar un sorriso se a NASA, na súa misión Apollo 11 (1969) non tivera posta unha bandeira dos EEUU sobre o noso satélite, aínda que os rusos enviaran artefactos xa anos antes (dende 1959) de que aló chegara o primeiro aparello norteamericano, o Ranger 4.
Hai tamén anos que espabilados mercadores teñen vendido o nomes de, ou estrelas enteiras, naturalmente sen ter ningún título de propiedade previo. E iso sería algo máis a mirar como exemplos de caraduras se non fose por ser un negocio máis que ao menos por un tempo prosperou – fun agasallado co nome dunha estrela, aínda anda por aí o título -, ser totalmente fraudulento e quedar impune. Esa é a desgraza do común: a súa defensa está encomendada ás institucións que moitas veces o ‘venden’ pasando a ser privado ou usado de xeito privado sen moralmente poder facelo – e normalmente, tampouco de xeito legal -. De novo, non fai falta chegar á Lúa para ter numerosos exemplos: na nosa terra, o asolagamento dos encoros e logo o seu baleirado de conveniencia mistúranse coas concesións estilo illa Pancha ou a cesión de solo veciñal para instalacións hostaleiras. En tódolos casos se procuran ‘razóns’…



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



