Ribadeo, 11 de setembro 2021. “Mentres a Xunta inviste na mellora da antiga escola da Rochela, o goberno local cobra aos veciños unha taxa de 400 euros polo permiso para a realización das obras”. Así o sinala o portavoz municipal e deputado autonómico, Daniel Vega, que hoxe mantivo unha reunión cos veciños da parroquia da Rochela.
O popular explicou que a Xunta achega “un investimento total de 12.750 euros, 12.000 en obras para eliminar barreiras arquitectónicas, substituír as ventás vellas por unhas novas e arranxar e pintar o local polo exterior e 750 para equipamento: mesas e cadeiras. “É un investimento moi importante, co que mellorar a escola de A Rochela; despois de ter xa realizado melloras fai dous anos por un importe de 6.000 euros nesta antiga escola, neste centro social, ao que acoden os veciños cando se desenvolven actividades culturais, lúdicas, e onde a asociación de veciños realiza as súas reunións”.
Vega manifestou: “Botamos en falta investimento por parte do goberno municipal do BNG, que o único que fai é poñer paus nas rodas, atrancos ao investimento da Xunta no noso municipio”. Esta vez, o Concello, gobernado polo Bloque, “cobrou unha taxa municipal por licencia de obra de 400 euros. Nós esperabamos que non se cobrara esta taxa aos veciños, porque é un local social, público. Este goberno do BNG, en relación con esta escola, o único que fixo foi cobrar unha taxa de 400 euros”.
O mesmo representante popular anunciou: “No próximo pleno pediremos que se exima de este pago aos veciños; os populares seguimos traballando e xestionando orzamento para beneficio do noso pobo, do rural, e en definitiva de Ribadeo”.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



