Viveiro, 09 de setembro de 2021. Os populares de Viveiro viron con satisfacción como na máis recente sesión plenaria municipal saíu adiante a súa moción para reclamar ao Goberno a non inclusión do lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. A proposta do PP contou cos votos a favor do PSOE, Por Viveiro e do concelleiro non adscrito; o BNG, abstívose. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, aplaude o cambio de posición da alcaldesa, a socialista María Loureiro, que anteriormente, como deputada provincial votou na Deputación contra unha moción do PP de similar contido.
Rodríguez sinala: “Temos que agradecer á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que na entrevista que mantivo coa alcaldesa, a petición desta, conseguira convencela de que será moito máis difícil controlar ao lobo se se inclúe la listaxe de especies silvestres en réxime de especial protección, porque deixará de ser especie cinexética e non se poderán facer batidas. Sen dúbida é mérito da conselleira que a alcaldesa votase no Concello a favor dunha moción da que na Deputación estivo en contra”.
O mesmo representante popular di que agora “esperamos que faga valer o seu peso no PSOE e convenza á ministra de que reforzar a protección do lobo como pretende facelo o Goberno, presidido por Pedro Sánchez, só fará incrementar as dificultades para controlar esta especie”.
O portavoz popular, aproveitando unha reunión con veciños de Galdo, explicou o contido da moción aprobada no pleno e insistiu en que, de ser incluído o lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial será moito máis difícil o control e os problemas, lonxe de diminuír, aumentarán. Os populares continuarán explicando esta iniciativa a representantes de distintos colectivos.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



