Lugo, 25 de outubro de 2021. A estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo quedará cortada ó tráfico dende este mércores polo inicio das obras de ampliación e acondicionamento financiadas pola Deputación de Lugo cun investimento de 110.500€. A previsión é que o corte se prolongue ata o día 5 de novembro, aínda que se permitirá circular pola vía durante a fin de semana.
Durante este tempo, haberá sinalización informativa e habilitaranse desvíos para ocasionar o mínimo trastorno no tráfico. Os vehículos pesados deberán utilizar as vías autonómicas LU-160 e LU-152, pasando pola rotonda do Valadouro; e os vehículos lixeiros poderán transitar pola estrada provincial LU-P-0202, que atravesa a parroquia alfocense de Bacoi.
Os traballos, que se levarán a cabo entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistirán na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas.
Estas actuacións resolven un problema de seguridade e beneficiarán a numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das principais vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa. Ademais, dá servizo aos serradoiros de madeira da zona, que reciben un elevado número de vehículos cada día. Con estas obras, complétase a renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



