Burela, 19 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS pecha a súa semana de roteiro polo Mediterráneo sen a recompensa merecida despois do gran traballo despregado esta noite na pista de Levante UD FS (5-3). Os de Alberto Riquer levaron a iniciativa no marcador durante toda a primeira parte con respostas efectivas dos valencianos; Rivillos foi o revulsivo no empate e o inicio da segunda parte co 3-2. Os mariñáns non puideron aproveitar a superioridade numérica sobre o 30 de xogo e a pesar de encaixar un novo tanto armáronse de garra para seguir demostrando a súa personalidade sobre a pista achegándose co 4-3. Un penalti volveu distancialos do obxectivo e o porteiro xogador non conseguiu perforar a rede granota.
Os mariñáns deron a primeira poutada, con Iago Míguez no minuto 4, e souberon como conter as ganas dos locais. Dez minutos tardou o subcampión de liga en atopar algunha fenda na defensa galega, para subir a igualada no 14, con Hamza. Con todo, pouco duroulles a alegría aos de Diego Ríos, que viron como Quintela recuperaba a vantaxe pouco despois.
Rivillos deulles ás aos valencianos, devolvendo o equilibrio ao marcador chegando ao descanso e poñéndose por diante, por primeira vez na cita, no regreso, no 22. Contestou Renato nun gran man a man con Raúl Jiménez; tamén Quintela puxo a proba a portería granota. Na medianía do segundo acto, coa segunda amarela de Rubi, os de Riquer desaproveitaron a superioridade, cunha de ouro de Levi. Do que podería ser un novo empate na cita pasouse ao 4-2 con Maxi Rescia no 32, pero crendo na personalidade laranxa, Iago Míguez reduciu distancias tan só 2 minutos despois. Cando o Pescdso Rubén Burela pelexaba pola remontada, chegou a pena máxima, coa amarela a Edu, que sentenciou Rivillos para o seu hattrick particular co 5-3. Con catro minutos por diante, Levi liderou o xogo de cinco sen a recompensa máis que merecida.
Ficha técnica
Levante UD FS: Fede, Rubi, Maxi, Hamza, Pedro Toro, cinco inicial; tamén xogaron Juanjo, Tolrà, Pachu, Araça, Rivillos, Roger, Raúl Jiménez
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Pitero, Isma, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Quintela, Levi, Wanderson, David Pazos
Goles: 0-1, minuto 4, Iago Míguez; 1-1, minuto 14, Hamza; 1-2, minuto 15, Quintela; 2-2, minuto 19, Rivillos; 3-2, minuto 22, Rivillos; 4-2, minuto 32, Maxi; 4-3, minuto 34, Iago Míguez; 5-3, minuto 36, Rivillos (penalti)
Árbitros: Alberto Centeno Bono // Jordi Centeno Bono. Por Levante amarela para Rivillos (minuto 5),Araça (minuto 11), Rubi (minuto 15), Pedro Toro (minuto 15), Tolrà (minuto 21), Raúl Jiménez (minuto 29). Por Burela amarela para Quintela (minuto 5), Wanderson (minuto 8), Edu (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 (adiantada) de Primeira Masculina disputado en Paterna.























Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



