Cervo, 02 de Outubro de 2021. O Concello de Cervo ratifica a súa firme vontade de impulsar a primeira pista de atletismo homologada da Mariña, un proxecto que se fará realidade coa reforma das actuais pistas existentes no complexo deportivo municipal da Veiga. O Goberno local explica que as instalacións resultantes, tras as melloras que se pretenden levar a cabo, permitirán acoller adestramentos e competicións oficiais.
Cervo pide tamén respecto para os seus veciños, instalacións e para o municipio en referencia ás críticas que algúns particulares e colectivos contrarios a este proxecto están a verter, e insisten en que as instalacións resultantes estarán abertas ao uso de todos aqueles amantes deste deporte, atletas e clubs da zona, que queiran coñecelas a empregalas.
O Goberno local explica que a súa iniciativa non é obstáculo para que outros municipios decidan impulsar novas instalacións deportivas de atletismo. De feito animan expresamente e invitan a calquera outra institución ou administración, local ou provincial, a que sigan adiante cos seus proxectos e non abandonen a idea de apostar, como fai Cervo, por dinamizar a práctica do atletismo na comarca. O Concello fará un importante esforzo dedicando fondos propios para facer realidade este proxecto, en colaboración coa Xunta, o que non impide desenvolver proxectos similares noutras localidades.
Finalmente agradecen o apoio expreso da Federación Galega de Atletismo que cualificou de “firme e acertada” a iniciativa do Concello de Cervo e da Xunta de Galicia e insisten en que, se somos capaces de superar o localismo, todos coincidirán en que o futuro complexo de Atletismo en San Cibrao será unha moi boa nova para o atletismo na comarca, tanto escolar como federado.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.


