Santiago de Compostela, 05 de novembro de 2021. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, lamentou hoxe que o PP votara en contra dunha proposta socialista para pedirlle a Portos de Galicia que reverta no concello de Burela a parcela número 7 da Travesía do Porto, actualmente en desuso e nun estado “lamentable” para dedicala a uso xuvenil. Otero presentou esta iniciativa na mesma Comisión de Pesca do Parlamento na que o PP si que aprobou outra iniciativa socialista para axilizar a entrega aos concellos dos terreos de Portos en desuso.
A responsable socialista amosou a súa “sorpresa” pola actitude do PP, que evidencia que “unha cousa é o que din e outra o que fan”, ao negarse en redondo a unha proposta plantexada “polo ben da veciñanza”. Lembra que o terreo na práctica abandonado, de 1.900 metros cadrados, sitúase nunha “zona idónea” para un concello de apenas 8 quilómetros cadrados, que carece de instalacións acaídas para o lecer da xuventude.
Asegurou que “tampouco entendemos a actitude de Portos de Galicia” ao negarse a ceder unha parcela que “non están a usar nin están a coidar, nunha parcela que da unha imaxe de abandono e suciedade”. Lembra que o propio PP tamén se abstivera nunha iniciativa semellante no propio Concello de Burela alegando que o concello non tivera solicitado a cesión do espazo, “pero si, porque de feito llelo denegaron”.
Diante dos argumentos do portavoz do PP, que repetía que o Concello non solicitara o terreo, a parlamentaria socialista presentou o documento do Concello rexistrado o pasado 19 de agosto “para a instalación dunha zona de ocio xuvenil”, así como a resposta de Portos de Galicia, do 17 de setembro, denegando a petición. A mesma sorte correu, lembrou, a petición de cesión do Miradoiro da Limosa, que tamén foi denegada por parte de Portos de Galicia.
Patricia Otero lembrou que a petición do espazo partía do propio Concello pero tamén de diversos colectivos sociais interesados, que respaldaban a iniciativa do goberno local para dispor dun parque para a xuventude. Dixo que “entre non ter nada e poderlle dar uso ao terreo é cuestión de falalo e de coordinarse entre as administracións polo ben da veciñanza”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


