Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021. A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro en oito vilas da Comunidade galega.
Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.
Piperegrinos, as gaitas do Camiño resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.
Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.
Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.
Artistas
O programa Piperegrinos incluirá a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.
Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, dese Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.
Programa
Por outra parte, o programa de actuacións será o seguinte, en horarios de mañá e tarde:
23 de outubro, 12.00 horas, na Praza do Curro de Noia,e 19.00 horas, no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo; o día 24, ás 12.00 horas na Praza Maior de Ribadavia e ás
18.30 horas, no auditorio Valle Inclán, de Vilanova de Arousa; o día 30 de outubro, ás
12.00 horas na Praza do Concello de Cee e ás 19.00 horas no S.R. A Unión, de Sarria; e o día 31, ás 12.00 horas na Praza García Barbón de Verín e ás º8.30 horas, no auditorio de Torroso, en Mos.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



