Lugo, 3 de novembro de 2021. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores na inauguración do 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2021. A Deputación de Lugo conta un ano máis cun expositor para a promoción dos recursos enogastronómicos e turísticos da provincia de Lugo, achegándose a un público maior e dando a coñecer o patrimonio dos 67 concellos da provincia.
Xantar é unha feira gastronómica organizada por Expourense, que terá lugar dende hoxe e ata o vindeiro domingo na capital ourensá, para promover a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega. Reunirá a empresas de restauración, produtores e entidades públicas e privadas nacionais e internacionais.
García Porto anima a todos as persoas que visiten a feira a “achegarse ao stand da provincia de Lugo e descubrir todas as alternativas que ofrece o noso territorio, onde se pode escoller entre multitude de alternativas como o turismo cultural, gastronómico, de costa ou de natureza”.
O sábado adicarase o día á provincia de Lugo e a Deputación de Lugo levará a cabo unha demostración culinaria en directo a cargo da Asociación de Cociñeiros de Lugo na Aula Grupo Cuevas ás 14.00 horas. “Prepararán unha demostración culinaria en directo dun menú feito con produtos propios da provincia, un Taco carbonara celta, aguacate e po de xamón,”, destacou García Porto.
A presenza nesta cita enmárcase na participación da Deputación en diferentes eventos nacionais para a promoción dos recursos turísticos da provincia como Fitur, a Feira Internacional de Enoturismo, Turexpo ou, do domingo ao martes 9 de outubro, Fairway.





















O certame, o máis antigo de Galicia e tamén o mellor dotado economicamente, está recoñecido como unha das grandes citas da creación literaria no país. A gañadora desta edición recibirá un premio de
Ás 19.57 horas deste mércores deuse por extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que finalmente afectou unha superficie de 142,5 hectáreas, das cales 50 corresponden a arborado e 92,5 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 82 axentes, 107 brigadas, 111 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
Este mércores celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Uns 25 participantes presentaron máis de 60 fotografías de todo tipo destacando pola súa grande calidade mostrando estampas tanto da costa como do interior do noso municipio. O coloquio-proxección foi moi animado e os propios fotógrafos participantes puideron expresar as súas intencións e anécdotas en torno ás fotografías presentadas. Os premiados foron: 1º premio (300€) Mónica Vila con "San Román". 2º premio (200 €) Alejandro Martínez con "Maravillas del Amanecer". 3º premio (100 €) Sarai Fernández con "O faro de Vicedo Vello". Premio especial a menores de 30 anos (50 €) Laura García con "O Vicedo. Silencio que acolle"
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
Posteriormente, tivo lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, "o noso propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da bisbarra entre os nosos asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos; así mesmo levar o bo nome do Valadouro por tódolos lugares polos que imos, como vimos facendo dende a nosa fundación, aló polo ano 1992".
Os actos contaron coa participación do director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra. O alcalde, Dani Vega, concelleiras e concelleiros así como representantes de institucións e colectivos sociais (Aduanas, Acisa, Real Club Náutico de Ribadeo, Xuíz de Paz suplente, xefe da Policía Local) participaron nesta xornada de celebración que continuará pola tarde e pola noite con diversas propostas musicais.
No último Pleno Ordinario, celebrado na Casa Consistorial, presentouse unha moción para que fose nomeado Fillo Predilecto de Mondoñedo, D. Francisco Piñeiro González, que tivo o voto favorable de toda a corporación. Esta aprobación por unanimidade de todos os grupos que conforman o Concello de Mondoñedo, supón a posta en marcha do expediente que, en breve tempo, derivará no nomeamento deste mindoniense de pro, como Fillo Predilecto.



