Viveiro, 18 de novembro de 2021. A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, licitou hoxe por máis de 3,8 millóns de euros as obras do saneamento de Celeiro e a mellora da condución de vertido submarino á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Viveiro, que está sendo ampliada para asumir o incremento de demanda procedente deste núcleo, entre outros fins.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou hoxe en Celeiro esta nova actuación, que completará os traballos de saneamento da ría de Viveiro e que suporá un investimento conxunto do Goberno galego de case 8 millóns de euros.
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de decembro, e o prazo de execución das obras é de 12 meses. Arias indicou que consistirán na execución dun novo bombeo e dun depósito de retención, que levarán directamente as augas residuais dese núcleo cara ao novo pretratamento da depuradora.
En concreto, executarase un bombeo cun depósito de retención (tanque de tormentas) de 650 m3 de volume útil que substituirá ao actual bombeo de pretratamiento de Celeiro, e dende o que se impulsará a auga ata o novo pretratamento de Viveiro. Permitirá a laminación tanto nas puntas durante o día como nos caudais en tempo de choiva.
Así mesmo, construirase unha nova condución de desaugue submarino que se conectará ao actual tramo terrestre existente e que funcionará por gravidade a través dunha cámara de carga situada a continuación da desinfección da depuradora.
Próxima posta en marcha
Javier Arias lembrou que as obras na planta depuradora están xa moi avanzadas e prevese que poida iniciarse a posta en marcha en probas a comezos de ano; alcanzan un investimento de preto de 4 millóns de euros e ampliarán en case un 50% a súa capacidade para que poida prestar un mellor servizo ao núcleo de Viveiro e sumar ademais o de Celeiro.
Os traballos na depuradora consisten na creación dun novo pretratamento de dúas liñas, con procesos de desareado e desengrasado; a construción dunha terceira balsa do reactor biolóxico e un novo edificio para as soplantes necesarias para a reacción desas balsas e os bombeos. Tamén se leva a cabo a instalación dun novo sistema de desinfección por cloración, ademais de melloras na liña de lodos. Estas actuacións son cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
O delegado destacou a aposta da Xunta polo saneamento da ría de Viveiro, apoiando ao Concello nas súas competencias, como tamén prevé facer nos municipios de Foz, Burela ou Barreiros.
Javier Arias subliñou a necesidade de que estas obras vaian acompañadas da adopción de medidas por parte do Concello de Viveiro para controlar as entradas de auga nas redes de saneamento de Celeiro e evitar que reciban vertidos industriais sen o debido tratamento.
Lembrou que este sistema de saneamento e depuración de Viveiro, no que a Xunta está a realizar tan importante investimento, ten o cometido de tratar as augas residuais urbanas do municipio e correspóndelle á Administración local controlar que non se introducen nese sistema achegas en condicións inadecuadas que impidan un funcionamento axeitado e eficiente das novas infraestruturas.
Incidiu na importancia socioeconómica e ambiental das rías, que sustentan actividades como a pesca, o marisqueo, a acuicultura e tamén o turismo.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



