Será na Praza do Souto ás 21h. O concerto forma parte do ciclo “O Son do Nordeste”.

O deputado de Deportes, que asistiu ao encontro , valorou o novo éxito das guerreiras laranxas, que “seguen facendo historia sumando títulos á súa traxectoria e enchendo de orgullo a afección da Mariña e de toda a provincia”. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na organización da final da Supercopa en Vista Alegre, poñendo o foco do deporte estatal en Burela, que acolleu durante a fin de semana a equipos, medios e afeccións.
Foi a segunda regata onde o Club estreaba traína representando a Celeiro e ao Concello de Viveiro, sendo a única traíña da provincia. A regata foi organizada polo Club de Remo Mecos, asistindo cunha tripulación mixta representada por 14 remeiros, 3 deles compañeiros do Club de Remo de Mugardos. No referente os resultados: 1º clasificado equipos mixtos, e 6º posto na xeral de veteráns.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu en Burela ao partido da final da Supercopa de fútbol sala feminino entre o Pescados Rubén Burela FS e o MSC Torreblanca FS de Melilla, no que o equipo galego sumou o quinto título desta competición.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asistiu este domingo á final da Supercopa de España de Fútbol Sala feminino, que tivo lugar no pavillón Vista Alegre de Burela entre o Pescados Rubén Burela e o MSC Torreblanca Melilla. José Miñones felicitou ao club burelés, campeón do torneo por quinta vez na súa historia, e destacou que “é un orgullo ver a un equipo galego ser referencia a nivel nacional e internacional neste deporte”. O delegado estivo acompañado pola subelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Os compañeiros e amigos da auxiliar administrativo do Servicio de Medicina Interna, Martina Rodríguez Salvatierra, vestíronse de gala este venres para xubilala, nunha emotiva despedida no Rincón do Mis en Foz, agradecéndolle os bos momentos pasados xuntos.
Arias coñeceu de primeira man tanto os centros como tamén os profesionais que neles traballan, ademais de manter unha reunión co equipo directivo.
O presidente da asociación barreirense, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira, xa que compartimos uns pinchos ao remate da andaina, para logo todos xuntos participar na misa na honra a San Sebastián”. E engadiu que “o obxectivo do encontro foi moi positivo, xa que fomentamos a convivencia, o exercicio físico, contemplamos o patrimonio de Cabarcos e compartimos as tradicións das parroquias”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital