Santiago de Compostela, 24 de novembro 2021. Un de cada catro menores de 15 anos declara non saber falar galego e máis do 50% das e dos estudantes de Secundaria declara non sentirse cómodo á hora de expresarse na nosa lingua, segundo informes da Real Academia Galega (RAG). A escola actúa como un axente desgaleguizador, segundo o secretario e coordinador do Seminario de Sociolingüística da propia RAG. Todos os estudos sociolingüísticos amosan que a proporción de alumnos e alumnas con coñecemento do galego como lingua de uso cotiá cae de xeito significativo, segundo o Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais e minoritarias. O Goberno galego está fallando de maneira persistente á hora de implementar a Carta Europea das Linguas Minoritarias, segundo o secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas, Davyth Hicks.
Estes son só algúns dos datos en base aos que o portavoz nacionalista de Educación, Manuel Lourenzo, recriminou á Xunta o seu “negacionismo” sobre o retroceso do galego para exixirlle que rectifique a súa política lingüística no ensino e desenvolva a encomenda que ten por lei de protexer e fomentar a lingua galega.
“O que lle estamos dicindo con esta iniciativa é que poñer de manifesto que a necesidade dun novo marco normativo para o galego non é algo que traia única e exclusivamente o BNG a este Parlamento, é algo que vén avalado pola RAG, as universidades públicas galegas, a Unesco, o Consello de Europa, a Rede Europea para a Igualdade das Linguas, o Consello da Cultura Galega, o Instituto da Lingua Galega, é dicir, toda a comunidade sociolingüística académica e educativa, propostas de base incluídas, está nun consenso lingüístico articulado sobre tres puntos fundamentais: dereitos lingüísticos para o alumnado galego, normalización do idioma e derogación do decreto da vergoña”, recalcou.
Neste sentido, apelou ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, “a sentarse a falar” cos axentes sociais en base aos criterios que está establecendo todas estas institucións, porque se en algo coinciden todas elas é en que “este decreto da vergoña debe ser derogado porque é tremendamente lesivo para o futuro da lingua galega”. “Vostede ten dúas opcións: dicir que a representatividade neste país a ten a maioría dun PP alienado e alineado coas posturas de Vox e a ultradereita, ou pensar que neste País a RAG, o Consello da Cultura Galega ou o Instituto da Lingua Galega teñen algo que dicir” no ámbito lingüístico.
Durante a súa intervención, e entre outros datos esclarecedores, Lourenzo apelou ao mapa sociolingüístico escolar e a outros recentes estudos realizados pola RAG dos que se conclúe que, hoxe por hoxe, existe unha perda do 11,5% de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo, que na Secundaria en ámbitos urbanos e periurbanos só o 11% do alumnado é galegofalante, que o 40% dos centros infantís das cidades non emprega nunca o galego e que o decreto 79/2010 implica un retroceso do idioma no ámbito educativo e tamén como posible influxo na diminución do seu uso. “Negan ou non a evidencia científica?”, reprochou.
Logo de advertir que o propio presidente da RAG asegurase que a análise da situación do idioma está baseado en datos e estudos rigorosos, avalados polas tres universidades galegas, polo Instituto da Lingua Galega e polo Consello da Cultura Galega, agás pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que manexa datos que non se sabe de onde os saca, o deputado nacionalista cuestionou con severidade ao conselleiro: “señor Rodríguez, non lles dá vergoña? Non lles dá vergoña que isto o diga a Academia?”.
Lourenzo, quen tamén lembrou que o galego é a única lingua do Estado que perde falantes, criticou ao Goberno galego que cambiara a metodoloxía empregada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) para que lle “saíran as contas”, manipulando o dato de falantes habituais e evitando dicir que a xente que fala máis galego que castelán cae 5 puntos, mentres que as persoas que falan só castelán sobre un 4%, despois de recordar que para o Consello de Europa a presenza do galego é insuficiente no ensino e hai que eliminar as limitacións á docencia en galego e eliminar o decreto”.
Neste sentido, recordou as declaracións realizadas polo propio conselleiro o pasado mes de abril afirmando que o ensino está cumprindo a súa función de formación en lingua galega ou as realizadas este mesmo mes e nas que aseguraba que o problema non é a escola e que se produce na escola como se pode producir nun campamento de verán. “Xa non vou entrar na frivolidade, pero é ou non é isto negacionismo? Está vostede co futuro da lingua galega ou meteuse tamén sen decatarse na misa por Franco e por Primo de Rivera?”, cuestionou.
Para o portavoz nacionalista de Ensino, o que está en dúbida, en conclusión, é “se vostedes van seguir instalados no negacionismo, no autoodio e no sometemento a uns mandados de Madrid, que amosan con absoluta clarividencia que se o señor Casado ou a señora Ayuso lles mandan a vostedes saltar como masais e iso implica que se levan por diante unha lingua milenaria, non van ter o máis mínimo reparo en facelo”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



