Foz, 5 de novembro de 2021. Hoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditarse como peregrinos para facer o Camiño do Mar.
Na presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, José María Linares; o presidente de ACIA Foz-CCA, José Carlos Paleo; e o presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente.
Fran Cajoto comentou que “o Camiño do Mar xa está recoñecido pola Igrexa e danos esa Compostela ao chegar a Santiago e é en Foz precisamente onde podemos facer esa acreditación, a primeira que hai en todo o Camiño do Mar. Parécenos un impulso moi importante para todo o sector da hostalería e do comercio, para todo o sector turístico, que se recoñeza unha vía de peregrinación a través do noso concello. Ademais esa ruta discorre por todo o norte da provincia de Lugo e da Coruña, A Mariña e Ortegal, ata unirse co Camiño Inglés, que nos leva a Compostela”.
O alcalde engadiu que “a Basílica de San Martiño, ao ser a catedral máis antiga de España, ao ser antigo hospital de peregrinos e discorrer por ela o Camiño do Mar, convértese en elemento principal e fundamental da ruta de peregrinaxe, igual que constitúe outro punto focal San Andrés de Teixido”.
Fran Cajoto indicou tamén que “desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña no Plan de Sustentabilidade Turística tamén apostamos fortemente por esta vía de peregrinación como un elemento dinamizador fundamental para o turismo da nosa comarca. Por iso dentro dese plan, que está consignado con 2,25 millóns de euros aportados pola Secretaría de Estado de Turismo, pola Xunta de Galicia e a propia Mancomunidade, reservamos unha partida de máis de 230.000 euros para investir na dinamización do Camiño do Mar. Con ese investimento vaise dispoñer cartografía, arquivos descargables para facer o Camiño a través do gps de dispositivos móbiles, vaise facer a cartelería asociada e unha planimetría axeitada para que todos os peregrinos que queiran facer esta ruta a Santiago o teñan fácil e sinxelo, como corresponde. A idea principal é desestacionalizar o turismo, para impulsar que nos visiten fóra da tempada de verán e un elemento diferenciador, como é un Camiño discorrendo por toda a franxa costeira da nosa comarca, cremos que é a mellor carta de presentación para a reactivación do sector e que consigamos potenciar cada vez máis un turismo tranquilo, slow e de calidade.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, explicou que “o primeiro selo do Camiño do Mar xa está no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño a disposición de todos os peregrinos que percorren esta ruta xacobea e que queiran cuñar o seu pasaporte de peregrinación a Santiago para obter a Compostela. Hai tamén pasaportes á súa disposición no propio centro”.
José María Linares engadiu que “o selo é o logo do Centro de Interpretación da Basílica, deseño de Pepe Barro no ano 2018 para a apertura do propio centro. É un elemento recorrente representado na Basílica. Aparece na zona da cabeceira do templo, interiormente tanto nas liñas de imposta do cimborrio como na cornixa de inicio da bóveda de forno da ábsida central ou gran parte dos cimacios sobre os capiteis do transepto. Símbolo de pureza, na simboloxía cristiá fai referencia a María e ás tres follas, como representantes da trindade (o número tres é o número do celeste); evoca, polo tanto, ó Pai, ó Fillo e ó Espírito Santo, que representan o tres piares do cristianismo. Moi ligado á igrexa católica, inflúe, como é lóxico, na simboloxía real, polo que aparece representado na heráldica europea como idea de elección divina. A utilización da cor verde, como símbolo de natureza que rodea o templo, a repetición das liñas vistas no interior, definidas e xeometrizadas, son os elementos que forman o noso logotipo. Polo tanto era moi fácil determinar cal sería o noso selo para o Camiño do Mar”.
Linares destacou que “este é o pistoletazo de saída para todos aqueles que queiran ter no seu pasaporte o selo do Centro de Interpretación da Basílica de Foz no seu percorrido polo Camiño do Mar cara a Santiago. Cada día son máis os peregrinos que preguntan polo Camiño do Mar, polas súas etapas, por albergues, posadas, pensións, casas de comidas ou restaurantes”.
José Carlos Paleo manifestou: “desde AciaFozCCA sumámonos á importancia que supón que Foz sexa unha parte do Camiño como punto de saída. O comercio e a hostalería participarán de forma activa na divulgación do Camiño do Mar, que servirá tamén para desestacionalizar e dar unha maior divulgación da Basílica como referencia turística e que no futuro teñamos máis posibilidades de ter un albergue”.
E o presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente, comentou: “felicitar y dar la enhorabuena por la iniciativa de tener sello propio al Concello de Foz, representado en las personas de Fran Cajoto y Chema Linares, por la implicación en la puesta en valor del Camino del Mar a su paso por el municipio de Foz. Agradecer también la presencia de Paleo, representando al ACIA de Foz, ya que son una pieza fundamental en la consolidación del Camino del Mar, siendo embajadores para atender y sellar las credenciales de los peregrinos que lleguen a Foz. A través de una acuerdo de colaboración entre el Concello de Foz y la Asociación del Camino del Mar, la oficina de atención de la Basílica de San Martiño de Mondoñedo dispondrá de credenciales para poder emprender la peregrinación a Santiago de Compostela, haciendo el Camino del Mar, y poder obtener la Compostela”.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



