Lugo, 26 de novembro de 2021. O PSdeG na provincia de Lugo remarcou hoxe que os orzamentos do Estado sitúan á provincia de Lugo no mapa dos investimentos e da recuperación económica, trala súa tramitación no Congreso dos Deputados. En catro anos de Goberno de Pedro Sánchez (2019-2022), Galicia recibirá un 27,1% máis de recursos que no últimos catro anos de Rajoy (2014-2017). Así o valorou hoxe a Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero xunto aos deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro e o senador César Mogo.
Os socialistas sinalan que “estas contas son unha ferramenta fundamental para fortalecer o Estado de Benestar e os servizos públicos que resultaron indispensables durante a pandemia de COVID-19. Por iso, recollen o gasto social máis alto da historia con 240.375 millóns de euros. Recursos que permiten destinar un financiamento récord a pensións, bolsas, sanidade, dependencia ou loita contra a pobreza infantil”.
Mais polo miúdo e atendendo ás partidas para a provincia de Lugo, dende o PSdeG destacan os investimentos en infraestruturas “que sitúan á provincia como a segunda provincia con máis investimento previsto nos Presupostos do Estado para 2022. Concretamente medra un 169,8% respecto a este ano, xa que a provincia disporá de investimento de 298,12 millóns de euros fundamentalmente para a modernización no ferrocarril. Son 187,61 millóns de euros máís que no Presuposto Xeral do Estado do 2021. Antes non aparecíamos no mapa, e agora somo os protagonistas. Estes dias comprobámolo coa posta en marcha do AVE, un fito histórico para as galegas e galegos”, salientan.
Escudo social
Ademais explican que os PXE están enfocados para dar resposta á emerxencia sanitaria, social e económica provocada pola pandemia. “Por iso nestes intres dedica 734 millóns de euros ao escudo social que protexe ás familias lucenses, aos seus autónomos, ás súas empresas e as persoas”. Os PXE 2022 contemplan o maior gasto social da historia, que blinda o noso Estado do Benestar, “o importe alcanza os 248.391 millóns se suman aos fondos europeos. Polo tanto, acadamos máis recursos para sanidade, educación e dependencia”. No que se refire a este apartado, “a atención á dependencia aumenta, xa que medra un 23,3% acadando o seu nivel máis alto na historia, mellorando as prestacións e ampliando o número de beneficiarios atendidos. Con estas cifras, os usuarios atendidos en Galicia poderán superar as 71.000 persoas grazas á transferencia de máis de 190 millóns para o nivel mínimo e acordado”, sinalan.
No que se refire ao capitulo de Sanidade “son un montante total de 6.606 millóns de euros para reforzar e fortalecer o Sistema Nacional de Saúde. Isto supón un 20,3% máis que nos PXE 2021, que beneficiará ás máis de 2.700.000 persoas que viven na nosa Comunidade. En particular, inclúese unha nova dotación por contía de 44 millóns de euros para a ampliación de servizos de saúde bucodental do SNS. Tamén se inclúen transferencias ás CCAA dentro do plan de saúde mental e COVID-19, dotado con 30 millóns de euros, así como fondos destinados ao marco estratéxico de atención primaria por un importe de 176 millóns de euros”.
No eido social, hai que destacar ademais a suba nun 3% do Ingreso Mínimo Vital beneficiará á máis de 36.000 persoas que o reciben en Galicia, e as máis de 5.000 persoas que a perciben na nosa provincia. Ademáis da partida adicada á loita contra a violencia machista, que aumenta en 29 millóns de euros máis con respecto aos PXE para 2021.
Os PXE tamén están centrados nos mozos e nas mozas, con partidas que suman 12.550 millóns de euros, case o dobre que no 2021. Os PXE apostan por mellorar as oportunidades e perspectivas de futuro dun dos colectivos máis prexudicados pola pandemia. “O capítulo de bolsas alcanza a cifra récord de 2.199 millóns a nivel nacional, podendo beneficiar a máis de 49.000 estudantes de Galicia. Como novidade, créanse as bolsas para aspirantes a xuíz, fiscal, avogado do Estado ou letrado da Administración de Xustiza”.
Pensións
No que se refire ás pensións, as contas do Estado garanten o poder adquisitivo dos nosos maiores e empregados públicos, “cumprindo co acordado cos axentes sociais”. A partida máis importante é a destinada a pensións, que se incrementará un 4,8% ata alcanzar os 171.165 millóns de euros. As pensións non contributivas increméntanse un 3%, que beneficiará a máis de 37.600 maiores da nosa Comunidade, e a máis de 5.000 maiores da provincia de Lugo, cun orzamento total de máis de 227 millóns de euros. Ademais, a revalorización dos 9,6 millóns de pensións contributivas fixarase na lei que se tramita actualmente no Congreso dos Deputados, establecéndose que aumentarán en función do IPC medio rexistrado en novembro. En Galicia, máis de 724.500 pensionistas beneficiaranse desta revalorización.
Investimentos na provincia
Os investimentos de Adif na provincia de Lugo inclúen unha partida de 15,81 millóns de euros para melloras na Rede de Ancho Métrico Ferrol-Vegadeo, 15,5 millóns de euros para a renovación da liña Monforte-Lugo, 89 millóns de euros nos corredores da RTE-T. Outros 5 millóns destínanse á Estación de Lugo e 2,81 millóns son para a renovación Monforte-Covas. O investimento real nas estradas do Estado na provincia é de 37,44 millóns de euros. Esta cifra supón un incremento do 44,1% respecto dos 25,99 millóns de euros do 2021. Para creación de novas infraestruturas destínanse 21,5 millóns e outros 10,3 millóns van destinados á conservación e explotación das xa existentes. No capítulo de obras destaca a consignación de 21 millóns de euros para a execución das obras da autovía de Lugo a Santiago de Compostela (A-54) no treito de Palas de Rei a Melide.
Ademais o Goberno destinará 9,33 millóns de euros para subvencionar o pago das primas dos seguros agrarios contratados polos agricultores da nosa Comunidade. Sen esquecer o impulso ao Xacobeo, no Camiño de Santiago ao paso por sete concellos da nosa provincia cun investimento de 3 millóns de euros.
Ata 45.514 familias e empresas de Lugo terán acceso a redes de 100 megas a través do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión. Ou a través do programa DUS-5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que ten como obxectivo financiar proxectos de enerxías limpas, unha medida incluída dentro dos concellos do reto demográfico para aproveitar a oportunidade, e na que Galicia ten preasignados 45 millóns de euros para conceder axudas.























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



