O Valadouro, 31 de decembro, 2021. Os do grupo Humorístico Trípode adoitan organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que inactivos no aspecto teatral, xuntan a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid dictadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Trípode manifesta un sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar.
Estes son os cantantes participantes:
ÁLEX BARREIRA.
Natural de Mondoñedo. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Arcadio Mon, de Alfoz e Valadouro, sendo o gañador da terceira edición. É profesor de percusión na Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo. Esti-vo na orquestra Principal, onde cantou e tocou a guitarra. Participou en gru-pos musicais como Os Alcaldes da Pachanga, de Mondoñedo. Toca actual-mente na banda de Foz e en diversos grupos da Escola de Música de Mon-doñedo.
JONATHAN DASILVA.
Natural de Lourenzá. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Ar-cadio Mon, de Alfoz e O Valadouro. Ten diversas cancións editadas, cuxos viodeoclips poden verse nas redes sociais. Foi recanteiro no programa Luar, da TVG, durante o ano 2021 representando á Mariña.
TONO ALONSO.
Natural de Foz, onde exerce a docencia no colexio Martínez Otero, do que foi director durante un tempo. Responsable dos instrumentos de corda da ronda-lla Latexos, de Foz. Formou parte da agrupación de cámara da Universidade Laboral da Coruña, onde tocou o laúd. Compuxo a música e cantou algunhas cancións na película “Tristeza na herba”. Participa activamente como presen-tador e como músico nos actos da Festa Normanda de Foz.
HUGO EIROÁ.
Natural de Burela. Cantautor moi sensible, con diversos temas musicais de gran inspiración e mensaxe.
PEDRO DEL RÍO.
Natural de Rinlo, en Ribadeo. De neno, formou parte da rondalla Chascorran-deira, do colexio público de Ribadeo. Forma parte do Coro da Mariña. Partici-pa nos cantos de taberna de Ribadeo co grupo Os do Clarete.
TONI CAZÁS.
Cantautor e músico de Viveiro, aínda que nado en Venezuela. Como músico, formou parte de diversos grupos de rock e de orquestras de baile. Foi o ga-ñador do Festival do Landro de Viveiro no apartado de “canción inédita” no ano 1999. Participou nas diversas edicións do Festical Musical Arcadio Mon de Alfoz e O Valadouro, como artista invitado.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



