Ribadeo, 6 de decembro de 2021. Tras o éxito do primeiro concerto da sétima edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, protagonizado o pasado sábado por Marlango, chega agora a quenda do blues da man de Austin Slack.
Este novo músico británico con tan só 21 anos tocou máis de 1400 concertos, incluíndo dúas xiras por toda España e pode presumir de tocar nun gran número de salas, festivais, etc.
A súa carreira musical comezou coa guitarra e colaborou cunha gran cantidade de músicos e bandas como, Maná, Steve Vai e Love of Lesbian. Algúns das súas grandes influencias son John Mayer, Prince e Muse.
En 2018 gravou os seus dous primeiros EPs e un single cunha gran variedade de sons e estilos no que demostra a súa habilidade de poder compoñer, producir e cantar.
Foi destacado no País como o Prodixio do Rock onde o comparan con artistas de alto prestixio como Prince, Eric Clapton e Wham.
A cita será o vindeiro mércores, día 8 de decembro ás 20,00 horas e as entradas están á venda no sitio web www.gameoverpro.es e o mesmo día do concerto na billeteira do propio auditorio desde as 19,00 horas.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).