Santiago de Compostela, 9 de decembro 2021. O portavoz de infraestruturas e medio ambiente do BNG, Luís Bará defendeu unha proposición non de lei instando ao goberno galego a negociar co goberno central, no marco da comisión mixta, a transferencia a Galiza da xestión da rede ferroviaria interna, con vistas á creación do Ente Ferroviario Galego, GALTREN destinado a xestionar os servizos convencionais de media distancia e de proximidade.
A proposta do BNG tamén inclúe licitar o contrato de servizos cara a elaboración dun estudo e un anteproxecto de Lei para a creación do Ente Ferroviario galego.
Na defensa da iniciativa, o nacionalista explicou que no ano 2010 a Xunta de Galiza licitou o contrato de servizos para a elaboración da lei necesaria, co fin de crear o ente ferroviario galego cun orzamento de 180.000 euros, supeditado ao desenvolvemento das competencias galegas, así como elaborar e tramitar un anteproxecto de lei que fixase os “fins, funcións, competencias, organización e funcionamento do citado Ente”. Sen embargo, dixo, o concurso foi declarado deserto e en lugar de incoar unha nova tramitación, “o Goberno galego desbotou a idea de crear o Ente Ferroviario Galego”.
Por outra parte, denunciou que a “ Xunta avalou e apoiou o proceso de desmantelamento da rede ferroviaria convencional, suprimindo servizos e pechando estacións que levou a cabo o goberno central a partir do ano 2012”, ademais de mostrarse “condescendente” con feito de que Galiza sexa unha das poucas comunidades do Estado que “non conta con servizos ferroviarios de cercanías”.
Vostedes, dixo, dirixíndose ás bancadas do PP; teñen mala conciencia e son malos manipuladores porque a máxima responsabilidade do abandono do sistema ferroviario de Galiza é “do Partido popular”, concretamente de M.Rajoy e Ana Pastor e lembrou que o propio PP no ano 2009 reclamaba ao estado o impulso das “cercanias gallegas y la Xunta reclama a Fomento su interés por disponer de un tren de proximidad”, e no ano 2012 a Xunta prevía que o tren de proximidade chegaría antes do fin da lexislatura. O PP en Galiza, recalcou Bará, “abdicou de defender os intereses do país e do tren galego”, e así nos foi estes anos.
Ademais lembrou que o PP no ano 2013 aprobou o “plan de racionalización do transporte ferroviario” que consistiu en suprimir “1.800 paradas, 20 estacións e 40 estacións cun só tren ao día” ese foi “o grande mérito do Partido popular”. Un mérito que Román Rodríguez xustificaba afirmando que os recortes tiñan toda a lóxica por razóns orzamentarias, de demanda social e de intereses do servizos. “Grande mérito do PP” ironizou o nacionalista.
Hoxe comprobamos a situación das estacións de Ribadavia, Monforte ou do Carballiño por non falar de Lugo, cun illamento do que é responsable o Partido popular. Lugo, hoxe en día, ten menos servizo ferroviario que Sarria. Vostedes ao principio defendían o sistema ferroviario galego pero “dende Madrid mandaron calar” e agora tamén lles van dicir que ente ferroviario galego non.
O deputado volveu a reclamar a transferencia e financiamento e mesmo anunciou que na votación de mañá, o BNG está disposto a aceptar as diversas emendas propostas polo Partido popular para dar luz verde a iniciativa nacionalista no inicio do trámite parlamentario.
A xuízo do deputado, resulta máis necesario que nunca “abrir o debate sobre a transferencia a Galiza das competencias de xestión da rede ferroviaria interna e do ferrocarril de cercanías” e avogou por elaborar estudos e proxectos con pospostas de viabilidade para a creación da Compañía Ferroviaria Galega, “o GALTREN”.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



