Viveiro, 27 de decembro de 2021. O GALP A Mariña Ortegal, realizará a presentacion publica do proxecto audiovisual “Historia dos Estaleiros da Mariña Ortegal” o vindeiro 28 de Decembro as 19:00 no salón de actos da Casa de Cultura de Foz.
Esta presentación tamén pode ser seguida desde calquera outro lugar, xa que ó mesmo tempo se realizará a estrea a través da canle de youtube do Galp A Mariña Ortegal ou ben na dirección habilitada https://youtu.be/6Jtvhcnk-iE
O obxetivo deste proxecto é dar a coñecer o presente e pasado da industria naval na Mariña e Ortegal, ó longo da historia; un percorrido por todos aqueles pobos e concellos costeiros que ó longo do tempo tiveron relación con esta actividade.
Desde a carpintería de ribeira e as primeiras embarcacións de madeira construidas manualmente, ata os luxosos e exclusivos catamaráns de aluminio que se constrúen na actualidade.
Trátase de por en valor a tradición pesqueira, as artes de pesca, e un oficio artesanal que forma parte da cultura e patrimonio destas comarcas mariñeiras.
O video conta coa participación de 25 persoas que nos documentan os inicios da actividade aló polo século XVI ata a actualidade, destacando a época de maior desenvolvemento a mediados do século XX.
Desde Ribadeo a Cedeira, visitaremos portos e lugares onde se desenvolveu a actividade. Falaremos cos seus protagonistas que nos relatan en primeira persoa a sua propia experiencia, sobre todo durante a segunda metade do século pasado.
Exemplos coma Foz, que na década dos 60 chegou a ter cinco estaleiros traballando, e onde se botou a principios dos 90 o barco de pesca de madeira mais grande de Europa; ou San Ciprian, onde Francisco Frá, fiel a tradicción familiar desde hai séculos, manten vivo o oficio. Celeiro, O Vicedo, O Barqueiro, a ria de Ortigueira, con Sismundi e Feás, e o museo Mares de Cedeira son outras das localizacións visitadas.
Coñeremos a actualidade do sector nos varaderos de Burela e Celeiro, a construcción en fibra no polígono de Fazouro e en aceiro e ferro en Talleres Cillero. E rematamos a nosa viaxe en Astilleros Armón, buque insignia da construcción naval en Galicia, con recoñecentos e premios internacionais.
Imaxes do arquivo de Sergio López Maseda, asi coma outras fotografías antigas cedidas polos protagonistas, forman parte do video.
O documental de 72 minutos de duración foi realizado por Arracada Produccions, durante os meses de Maio a Decembro de 2021.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



