Van 40 anos dende a constitución do Parlamento de Galicia. A frase, normal estes días, encerra varios mundos nela. Pasaron 40 anos. Pasou o Parlamento por eles, así de sinxelo? Ou pasaron os anos mentres o Parlamento estaba a traballar? O Parlamento constituíuse o 19 de decembro do 1981, pero é evidente que non era o parlamento actual, o que implica que habería que separar a figura do Parlamento como institución que comeza a ser ese día da súa constitución cunha composición determinada e a súa evolución nos diferentes períodos parlamentares, coas súas constitucións respectivas. Parlamento… a palabra illada ten un sabor propio e dá unha imaxe de parolar, de tranquilidade. É esa a realidade? De Galicia. Máis aló da polémica Galicia/Galiza queda a identificación de Galicia coa Xunta ou coas institucións fronte a Galicia da xente, da lingua, da natureza, algo ó que non é alleo o Parlamento. Ou a Galicia dos límites administrativos e a Galicia do corazón, ó modo das antigas dioceses como a de Britonia sen asento territorial fixo, senón con presencia a través do pobo que abranguían.
Moitas cousas para tratar ás présas ou pontificar nun momento, máis aínda despois de 40 anos como último período precedido por toda unha historia anterior. Pero non tantas como para facer unha lembranza e mover as mentes a unha mirada ampla de confraternización en comunidade tendo o Parlamento como escusa e compañía.
É innegable que o Parlamento traballou. Aí está todo o produto legal que corresponde a ese traballo. Nese sentido, non se limitou a deixar pasar o tempo, guste ou non o resultado. E tamén se pode observar unha evolución no seu produto, aínda que se pode retrucar que non teña sido sempre en positivo.
Aínda coas apreciacións anteriores e tendo moi presente as eleccións como encadre de cada conxunto de sesións por cada catro anos, o falar sempre de ‘Parlamento’, tanto para institución como para un dos períodos en concreto ou mesmo só para referir o edificio, leva a cousas como denostar a institución por un período concreto, ou ó revés, a desculpar a actuación nun período polo recoñecemento xeral.
En canto ó significado de parlamento, o dicionario da RAG deixa clara a súa primeira acepción cun exemplo: “Acción de parlamentar.
Iniciaron un parlamento para levar a paz ás illas.” Trasladando o exemplo, ‘trouxo a paz’ a Galicia o Parlamento? Pode que quede a imaxe dun parlamentario facendo resoar o seu zapato preto do micrófono como exemplo de soliviantamento desa paz, pero coido que hai exemplos abondo máis relacionados coa perda da paz institucional e a perda social que significa, mesmo sen parecer violencia, senón aínda con aparencia de votacións maioritarias.
En canto a Galicia… retrucando, o Parlamento poidera ser un ‘canto a Galicia’, pero coido preferible que coas súas funcións, faga posible que Galicia poda cantar. Non ten por que ser un símbolo, mais si debe ser digno dunha terra, dunha xente, dunha sociedade que tamén ten que contribuír a dignificar.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



