Lugo, 11 de xaneiro de 2022. A Deputación ten 4.100 quilómetros de estradas. É evidente que en tan extensa rede, por un motivo ou por outro, é moi posible que se produza algún accidente cada ano. Pero non é xustificable que as estradas provinciais estean en condicións que non cadran coas necesarias para garantir a seguridade vial. O grupo provincial do PP leva presentadas numerosas iniciativas, recollendo queixas veciñais, para instar ao goberno provincial a mellorar a súa rede de estradas. Nesta ocasión, o portavoz popular, Javier Castiñeira, dá voz aos veciños afectados polas deficiencias da vía que une Burela e San Cibrao pola Marosa (LU-P 1510). Os populares din que o presidente da Deputación, José Tomé, logrou os avais para optar ao liderado do PSOE lucense, pero non os lograría para as estradas provincias, debido ao seu mal estado.
Castiñeira sinala: “Dende o grupo provincial do PP lamentamos que o señor Tomé estea máis ocupado en buscar avais para a súa candidaturas a dirixir o PSOE en Lugo que dos avais para garantir unhas boas estradas provinciais. O señor Tomé é o máximo responsable do mal estado das vías provinciais, por dous motivos: por un lado, porque é o presidente da Deputación; por outro, porque as estradas constitúen a principal competencia da Deputación, posto que son vías propias”. Tomé, en opinión de Castiñeira, “é o peor delegado de Vías e Obras da historia desta Deputación, non só por telas en mal estado, senón por non aceptar deseñar e executar un plan de estradas, como propuxo o PP o ano pasado e como se fixo no goberno do tamén socialista Darío Campos, apoiado por Elena Candia”. O presidente da Deputación “non fai caso das queixas veciñas, e incluso ás veces búrlase, como no caso de Carballedo”.
Os populares, nesta ocasión, fanse eco “das queixas de veciños de A Mariña, concretamente de San Cibrao, polo mal estado da seguridade dunha estrada moi utilizada, que é a que vai dende Burela pola Marosa ata San Cibrao”. Castiñeira explica: “Hai poucos días coñeciamos a noticia dun accidente grave nesta estrada e hai que dicir que os veciños levan moito tempo denunciando o mal estado desta vía e a falta de seguridade. Entre outras deficiencias, falta marcar a sinalización horizontal. O Partido Popular no mes de abril do ano pasado presentou un rogo, rexistrado o día 27, para que se arranxaran estas deficiencias, especialmente no que afectan á seguridade desta vía, a LU-P-1510”.
Castiñeira declara: “De novo os veciños de San Cibrao reclaman melloras nesta vía. Queremos que o presidente da Deputación poña máis empeño en resolver os problemas desta estrada, porque as estradas, como xa dixemos, constitúen a competencia máis relevante que ten a Deputación e neste caso non poden dicir que son da Xunta de Galicia. O goberno local debe actuar o antes posible”.
Castiñeira conclúe: “Temos 4.100 quilómetros de estradas é a ninguén se lle oculta que pode haber accidentes de calquera tipo, pero hai que poñer máis empeño en telas en bo estado. O PP seguirá insistindo. O delegado de Vías e Obras, señor Tomé, rematou o 2021 igual que comeza o novo ano: con moi mala sensación entre os lucenses e a idea de que as estras provinciais están totalmente abandonadas; os orzamentos que hai para melloralas no actual exercicio e, sobre todo, coa suba dos prezos, non augura un bo ano para as estradas provinciais”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



