A Mariña, 11 de Xaneiro de 2022. A Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas na Cámara Autonómica, “para demandar ao Goberno de Feijóo constituír unha mesa de traballo entre Xunta, a Mancomunidade de Municipios da Mariña e Altri de cara a traballar conxuntamente na posible implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional na Comarca da Mariña lucense”.
Otero tamén reclama á Xunta “que a través da súa representación na Sociedade Impulsa, propoña que se é viable, a fábrica de fibras téxtiles se emprace na comarca da Mariña de Lugo”.
Os socialistas lembran que a principios do mes de outubro do 2021 coñecemos que a industrial portuguesa Altri buscaba un emprazamento para unha nova planta de fibra téxtil a partir de celulosa que daría emprego directo a 2.000 persoas, e que baralla a Mariña lucense como primeira opción. A empresa non está soa na busca dese emprazamento para a súa nova planta, xa que a Xunta de Galicia lidera o Consorcio Impulsa Galicia, que conforma a propia Xunta de Galicia (40 %), Abanca (38 %), Reganosa (12 %) e Sogama (10 %) e no que Altri sería o socio industrial e a implantación levaríase a través dos fondos europeos Next Generation.
A Deputada Autonómica remarca que Alcaldes e Alcaldesas da comarca reclamarón dende un primeiro momento, que se traballase e se fixese todo o esforzo para que Altri se instalase na Mariña, “non só pola grave crise industrial que está a vivir esta comarca senón pola importancia que o sector forestal ten nela, na que o 69,72 % da súa superficie é masa forestal e no que se atopa a maior zona de produción de eucalipto”.
A Mariña punteira no sector forestal
A Mariña lucense conta, por tanto, coa materia prima pero non ten a industria que a complemente e lle dea valor engadido. Non podemos obviar, tampouco, que o 43 % das cortas de madeira en Galicia e o 25 % de toda España céntranse no norte: Mariña lucense, Ortegal e Mariñas coruñesas.
Francisco Cajoto liderou o proxecto dende a Mancomunidade
Patricia Otero salienta ademais o traballo realizado ata agora pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, que preside o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto na realización deste proxecto. “A mediados de novembro de 2021 o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña enviaba unha carta ao vicepresidente segundo da Xunta, na que lle solicitaba unha reunión para poder traballar conxuntamente na posibilidade da implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional lusa Altri na Mariña, e colaborar para superar calquera escollo administrativo que dificulte a súa implantación na Comarca. A día de hoxe esa carta non obtivo resposta”, advirte.
Proposta rexeitada polo PP
No Debate de política xeral de 2021 o presidente da Xunta anunciou que o Goberno galego, a través da súa representación na Sociedade Impulsa, proporá que, se é viable, a fábrica de fibras téxtiles se emprace na provincia de Lugo, pero evitando comprometer ese apoio para a comarca da Mariña. “De feito o grupo parlamentario socialista presentoulle ao PP unha proposta de transacción sobre a súa proposta de resolución nº 7 DEA, (baseada no anuncio feito polo presidente da Xunta), para que se estudiase a posibilidade de que a planta se instalará na Mariña lucense. Pero o Grupo Parlamentario do PP non a aceptou esta proposta”.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



