Lugo, 1 de xaneiro de 2022. Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2022 entran en vigor este sábado, o primeiro día do ano. O Presidente, José Tomé Roca, cumpre de novo, como vén facendo dende o inicio do mandato, co seu obxectivo prioritario de contar con este instrumento investidor fundamental para toda administración dende principios de ano porque só así “os presupostos son realmente útiles e eficaces para a provincia”.
A Deputación de Lugo dispón para este ano 2022 dun Orzamento de 100M€, o máis alto da última década, que ten como obxectivo seguir mellorando e ampliando os servizos públicos, sobre todo no rural, e continuar apoiando a recuperación económica da provincia, en colaboración cos concellos e co tecido social e económico. Para elo, o Goberno reforza as catro grandes liñas de actuación prioritarias que ten marcadas dende o inicio do mandato: políticas sociais, cooperación cos concellos, apoio aos sectores produtivos e mellora da mobilidade.
A Deputación de Lugo dedica máis dun terzo do total do Orzamento a Políticas Sociais. No 2022 aumenta a consignación un 12% ata chegar aos 34M€, dos cales 10M€ son para os Centros de Atención a Maiores. Das tres residencias que había ao principio do mandato, situadas en Trabada, Ribadeo e Pol, a Deputación pasou ás 7 coas que conta a día de hoxe, porque neste dous anos abriu os centros da Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, cos que a Deputación mantén 200 postos de traballo directos. O vindeiro ano, o Goberno prevé poñer en marcha os centros de Navia de Suarna e Ribas de Sil, ademais de continuar traballando noutros proxectos que están marcha, como os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Folgoso do Courel ou Ferreira de Pantón, entre outros.
Xunto aos centros de maiores, no Orzamento do ano 2022 contan con dotación de recursos o servizo de Teleasistencia Domiciliaria e o Servizo de Axuda no Fogar, con 2M€, neste caso a través do Plan Único.
Tamén no eido das políticas sociais, o vindeiro ano mobilizaranse 9,4M€ para emprego, un 5% máis ca no 2021.
O principal instrumento de cooperación da institución provincial, o Plan Único, está dotado con 11M€ no Orzamento, que se elevarán ata os 21,5M€ coa incorporación de remanentes, como se fixo ata agora.
En canto ao apoio aos sectores produtivos estratéxicos da provincia de Lugo e a aqueles que máis sofren o impacto da pandemia, a Deputación continuará co Plan de Impulso da Economía da Provincia, destinado a favorecer a recuperación sostible do tecido produtivo fronte ó impacto da crise da Covid con medidas de apoio, promoción e incentivo do consumo.
Suben un 23%, ata os 3M€, as partidas destinadas a accións e proxectos de apoio ao sector primario, entre elas, a Granxa Gayoso Castro, que contará cun orzamento superior aos 1,7M€, un 12% máis que o pasado ano.
Os fondos para turismo suman 3M€ e as partidas vinculadas coa conservación do medio ambiente e o desenvolvemento sostible superan os 4M€, un 20% máis ca no 2021.
O Goberno provincial demostra no presuposto que a mellora da mobilidade é unha prioridade. Suben un 7% o investimento en estradas, ata chegar aos 17,3M€, destinados a tarefas de mellora, desbroce, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



